24 de ago. de 2012

EDUARDO APARIZ E UN DOS MELLORES FOTÓGRAFOS DE GALICIA

Eduardo Apariz empezou na fotografía  dun xeito afeccionado e hoxe por hoxe está considerado como un dos mellores
fotógrafos de vodas en Galicia. Isto non é froito da casualidade nin de sorte , e froito do seu traballo, é froito de adicarlle horas e horas a máquina e o ordenador. Tamén é froito de estudar, asistir a cursiños e congresos e sobre todo como dicía un amigo meu de “saber ver a foto”. Eduardo Apariz, hoxe por hoxe ten clientes en toda Galicia e incluso  ten feito algunha voda de residentes en Nova York. O outro día fixo unha foto dun veciño do Deza e da súa muller e quixo este veciño que saira nunha das fotos un dos paraxes mais bonitos da noso país as “Fervenzas do Toxa” preto de Silleda. A foto de Eduardo coas fervenzas o fondo é dunha beleza fora de serie así como do Mosteiro do Carboeiro, son dignas  de ocupar un espazo neste blog. Xa o  teño dito moitas veces,  pera para min Eduardo da fotografía fai arte,  e isto conségueno moi poucos fotógrafos.

PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS:





Ningún comentario: