6 de ago. de 2012

EN CAMBADOS INAUGUROUSE UNHA ESTATUA A DESVERGOÑA E A ESTULTICIA

AS FASCISTAS DE CAMBADOS XA TEÑEN A SÚA ESTATUA
Onte, as agachadas do publico en xeral  e só para os invitados da comida inaugurouse de xeito provisorio a estatua de Fraga, ademais cun futuro incerto xa que descoñecese cal será a súa
abdicación definitiva e, o que é mais sorprendente quen a pagará. Vilalba era a única vila que tiña a unha estatua ao dictador Fraga ate o de agora e Cambados vense a sumar a este dubidoso honor cunha estatua a un fascista.  
A estupidez chega a tal extremo  que o monumento foi instalado nun lugar aloxado do gran público para que  non este no punto de mira de posibles  ataques e foi inaugurado sen publicidade previa e case de “tapadillo”. Ha hai unha páxina en facebbo que da un premio o primeiro que a pinte.
A peza é de bronce, pesa uns 600 quilos e mide 2,01 metros, uns 40 centímetros máis que a altura do seu modelo orixinal. En palabras do seu escultor, Loucas Míguez, "representa a un Fraga de idade e peso indeterminado" sobre todo de peso porque Fraga na estatua parece un "figurin". Estas indicacións, e que o esculpise "sen o bastón" que os seus últimos anos de vida acompañáballe a todas partes, foron as únicas limitacións do encargo, feitas por Luis Aragunde.
Os rumores que circulaban entre os veciños de Cambados, o sector vitivinícola e a familia 'popular' presaxiaban que a inauguración escenificaríase este domingo, pero ninguén o confirmou ata o momento en que o mandatario galego, acompañado pola comitiva de Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño, chegou ao Pazo Torrado para participar na comida oficial da Festa do Albariño.
Os rumores que circulaban entre algúns veciños de Cambados, o sector vitivinícola e a familia 'popular' presaxiaban que a inauguración escenificaríase este domingo, pero ninguén o confirmou ata o momento en que o mandatario galego, acompañado pola comitiva de Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño, chegou ao Pazo Torrado para participar na comida oficial da Festa do Albariño. 
De feito tamén intencionadamente se repartiron rumores polo pobo que se ía a pospoñer a  inauguración. O escultor desvelou pouco despois como se logrou manter tal segredo. A peza creouna no seu estudo madrileño, chegou a Cambados ben entrada a noite do venres ao sábado e non se instalou no lugar no que se inaugurou do Pazo Torrado ata este mesmo domingo pola mañá. Ademais, confesou que a localización na que se inaugurou non será a definitiva. Lucas Míguez recibiu o encargo de esculpir a Fraga en febreiro, tan só un mes logo do seu falecemento, e empezou a súa obra en marzo, nun principio, por encargo do Concello de Cambados. Levoulle cinco meses e, unha vez finalizada, atopouse con que xa había unha forte polémica ao redor da súa creación. E isto non o digo eu, dio o propio Lucas Migues no Mundo e en Faro de Vigo, logo tiñamos razóns os detractores da estatua que o encargo foi do Concello de Cambados e de Luís Arguínde en particular para medrar dentro do partido. Dicía o Diario de Arousa que tampouco quixo o artista entrar na polémica do diñeiro, no entanto, o comentario xeral é que rolda os 15.000 euros e que tres persoas do sector seguen recadándoos a través dunha conta bancaria. Impulsores anónimos aos que onte felicitou Feijoo, que tamén se suma a terioa falaz dos viticultores,  no súa defensa do Gran Mestre. Isto é unha gran mentira entre outras cousas a de Asorey , que por suposto non houbo ningunha polémica,  custou 40.000 euros e esta e moito maior.
















.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estache guapo D. Manuel coa copa na man. Coa que está caindo creo que hasta el mismo estaría en contra de tanta futilidad ornamentaria para disfrute visual duns incondicionales nostalxicos.Deberían poñer un listado coas donacións so por saber si Feixoo, Luis etc .pagan un can. Canta razón tiña Valle Inclán co Esperpento.