7 de ago. de 2012

A PRAZA DAS RODAS FOI UNHA GRAN FESTA O DOMINGO A TARDE

A Praza das Rodas en Fefiñans, a tarde do domingo foi o centro neurálxico de Cambados, por alí pasaron centos de persoas que entre as catro e as once da noite cunha simple
discoteca móbil gozamos dunha tarde marabillosa. Pero entre todos había unha rapaza coruñesa chamada Bolli, quen sen complexo ningún adicouse a animar o persoal subida a fonte alí existente, estivo excepcional , animou os seus amigos e a todos os que estabamos  , mentres outros estaban inaugurando estatuas a fascistas no Pazo de Torrado. Grazas Bolli por facernos pasar uns anacos, moi , pero que moi agradábels. Preme AQUÍ ou na imaxe para acceder o vídeo.


4 comentarios:

Anónimo dixo...

Anda anda,inda recordo cando asta saiches na tvg criticando o concello por cortar esa praza o trafico,e agora disfrutas desas festas,que si non cortaran o trafico seria imposible celebralas,e por outro lado quixera saber eu que opinan os vecños agora de tanta festa co que iso conleva.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Pois non debes de ter moita memoria ou tela moi dereitizada vouche transcribir literalmente o que dixen en na TVG: "A min pareceme moi ben que peonalicen todas as prazas porque é un servizo para todos os cambadeses, pero nesta en concreto deben consultar previamente os veciños porque hai veciños bastante afectados, porque algún incluso teñen portas de garaxe dentro da propia praza".
Están ben as criticas cando son constructivas pera cando son malintencionadas e sen ter nin puiñetera idea iso é o realmente lamentabel. Xa me diras ti querido anónimo se do que dixen eu estou a criticar o peche da praza, senon mais ben todo o contrario, fun moi precavido nas miñas verbas porque precisamente non queria estar nin en contra dos hosteleiros nin dos veciños. A ver si estendemos cando menos o galego cando miras a TVG.
Por certo a ver si eres capaz de contestar co teu nome. Grazas de todos os xeitos.

Iago dixo...

Xa o ano pasado pasámolo moi ben con Avelino pero este ano gracias a música e a 'Bolli' foi totalmente espectacular. ¡Gracias por facelo posible Cambados!

Keko dixo...

Xa queda menos para a vindeira festa do Albariño en Cambados!!!