13 de ago. de 2012

FEIJOO ACHÉGASE AO FASCISMO COA REFORMA ELECTORAL GALEGA

Co pucheirazo de Feijóo, cada voto de Ourense e Lugo valerá o dobre que os de Pontevedra e A Coruña. A razón é evidente: sobrerrepresentar as zonas onde o PP ten máis votos. Cos
mesmos resultados de 2009, o PP obtería 3 deputados/as máis grazas a esta artimaña.
Xa en 1923 outro fascista como Feijóo, Mussolini, efectuara unha reforma electoral no parlamento italiano para rachar a proporcionalidade que en 1924 lle daría a maioría absoluta. 
Os fascistas, onte e hoxe, hai que expulsalos de onde queiran que estean. NON AO GOLPE ELECTORAL DE FEIJÓO. NON AO PUCHEIRAZO DO PP. O malo é xa lle están saindo delfins fascistas a Feijoo tales como Luis Aragunde en Cambados ou Gonzálo Durán en Vilanova.
Que se entere toda Galiza disto. Fálalle do pucheirazo aos teus amigos/as, familiares e compañeiros/as de traballo. Actúa a nivel social e político para parar o pre-fascismo que prepara o PP. Despois laianse de que aparezan grupos de salvación nacional (tal e como eles se definen)  como “Resistencia Galega”
Reaccionemos antes de que impoñan a lei marcial. ¡¡¡ÁS BARRICADAS!!!



Ningún comentario: