13 de ago. de 2012

O CAMBADÉS ERNESTO CHARLIN ENTRE OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CHAVE DO ALBARIÑO

Dende fai uns anos para aquí non hai festa popular que se precie senón ten o seu concurso de chave. O Albariño non podia ser menos, e non tivo ún  senón dous para ser exactos.A
chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.
Ernesto Charlin
O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces. A chave colócase inclinada e cunha pequena gabia atrás para que non roden os pellos. Pódese xogar en equipo ou por parellas ainda que en Cambados xogase moito mais individualmente.
Cada zona ten as súas propias normas, que difiren entre si polo tamaño e forma da chave (con aspas ou sen elas, pequena ou grande, etc.), no tamaño e peso dos pellos e no xeito de puntuar. Así, a chave pode ser unha barra de ferro de 75 cm con dúas ou tres aspas arriba que poden xirarse sobre a barra, ou unha sorte de lingua de ferro sobre un cilindro que se apoia no chan. Existen tres tipos máis extendidos que os demais.
No concurso oficial  do Albariño un dos gañadores foi o cambadés Ernesto Charlin triaero de nacemento e castrelense de adopción, gran especialista deste deporte que xa leva recollido varios premios nos distintios eventos nos que participou. Xa a nivel mais afeccionado e na comida que fan todos os anos polo Albariño os da asociación Xuga Bonito (asiduos da leria) o gañador foi Jacobo Dominguez.

Jacobo Dominguez

Ningún comentario: