6 de ago. de 2012

FEIJOO EVITOU OS SÍLVIDOS DO ALBARIÑO ENTRANDO DIRECTAMENTE NO PATIO DE ARMAS.

Xa é costume que o domingo do Albariño todas as autoridades que veñen a festa reciban unha sonora pitada por
parte dos asistentes. 
Este ano houbo unha sonada ausencia cal foi a do presidente do Goberno Mariano Rajoy pese a estar na zona de feito a tarde dese mesmo  día estivo con Touris, Rosa Oubiña e Aragunde en Ribadumia (ver foto da esquerda) unha ausencia parcial a de Feijoo. E explicámonos. Como sabedes Feijoo acudiu a festa  non foi xa o Concello senón que directamente entrou no patio de armas onde foi recibido polo Xefe de obras do concello Manuel Sineiro, evitando así a sonora pitada que recibiron os demais. Doutra banda dicir que a liña de seguridade diante do Concello botouse mais para atras, como uns dez metros e que a entrada no patio de armas estaba fortemente custodiada por axentes da Garda Civil e da Policía Local, polo que so se podía entregar sin a  rigurosa invitación. Aquí  tedes a secuencia completa da chegada de Feijoo.








6 comentarios:

Castrelense dixo...

Este que sae na foto recibindo calurosamente a Frijolito seica estaba días atrás manifestándose na porta do Concello contra os recortes do PP, ¿ ou estaría controlando quen estaba para tomar nota ?. Canto cinismo e canto comedebalde.

Castrelix dixo...

O funcionario do Concello que recibiu tan calurosamente a Feijoo era o mesmo que días antes se manifestaba contra os recortes do PP. Canta hipocresía.

Anónimo dixo...

todos sabemos en cambados quen e sineiriño, alias chilinsiño,e el tamen o sabe por eso anda sempre mirando para o chan co fusiño abaixadiño, debe ser que ten bergoña cousa que eu dudo moito que teña. ALA PUBLICA QUINTO

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Non vou publicar un comentario remitido as 16.14 horas de hoxe por acusar a alguien dun delito sen identificarse, nin remitir proba alguna.

A TI MEU CAMBADOS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
A TI MEU CAMBADOS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.