6 de ago. de 2012

OS AFECTADOS DAS PREFERENTES "COÁRONSE" NO DESFILE. TEMOS O VIDEO A TÚA DISPOSICIÓN

Unha das sorpresas, para uns para outros era esperado,  durante o percorrido realizado polo Capítulo Serenísimo do Albariño foi a presenza dun grupo de afectados polas
participacións preferentes, pertencentes á plataforma do Salnés. Ataviados con camisetas laranxas e coas súas mans no alto, esperaron ás autoridades na avenida de Vilariño, moi preto do Concello, para sumarse ao desfile. En ningún momento boicotearon o paseo, posto que se colocaron ao final da comitiva sen protagonizar un especial balbordo. Ao seu paso, moitas persoas aplaudíanlles, solidarizándose así co problema que lles une á xente que se mobilizou: os seus aforros atrapados neste produto financeiro.
Aínda que non impediron o desenvolvemento normal do acto, á chegada ao Pazo de Fefiñáns, e ao comprobar que non chamaran a atención dos políticos que participaron no desfile, alzaron a voz para gritar "Mans arriba, isto é un atraco", “Hai pouco pan para tanto chourizo” etc. . Polo momento o único caso de preferentes en Galicia que obtivo un resultado favorable nos xulgados protagonizouno un veciño de Meaño. Premen AQUI ou na imaxen podes acceder directamente o video de “A ti meu Cambados”

Ningún comentario: