3 de ago. de 2012

O BLOG CAMBADOS XUSTO AFIRMA QUE SE SUSPENDE “SINE DIE” A INAUGURACIÓN DA ESTATUA DE FRAGA.

No blog Cambados Xusto acabamos de ler  que segundo fontes cercanas a Alcaldía de Cambados e desmontando todas as hipótesis que circulaban polo noso povo a escultura do “insigne” Manuel Fraga non vai ser inaugurada durante a Festa do Albariño. Esas mismas fontes non quixeron dar os motivos do que parecía era un feito. A idea inicial era inaugurar
dita estatua durante o Xantar de Confraternidade que se vai celebrar coma todos os anos o primeiro domingo de agosto.
Dende o devandito blog  dan  varios motivos de tal aprazamento. Un dos motivos principais sería que tras o acontecido na inauguración o pasado mércores e, a raíz do eco que tivo na prensa, a mobilización en contra a estatua o Concello por medio do seu Alcalde non quería ter que lidiar con outra protesta como a acontecida o dia primeiro de agosto coa negativa repercusión, de cara a polémica estatua, que tivo na prensa que informa, non coma outra que está ao servizo do poder. Outro dos motivos era que quizás non estivese rematada a tempo ou que o emplazamento inicial non fora o axeitado. Recordanos Cambados Xusto que ao parecer íase instalar nos xardíns interiores do Pazo de Torrado e dado que alí é onde se fai o Xantar, quizás algunha Confraría foránea no ía a estar moi a gusto e informara de maneira negativa sobre o noso povo.

 Outra das razóns, a menos creible é que o “sector vitivinícola” non acadara os 15.000€ ou máis euros que costa a escultura, pois hai fonte alleas ao "sector" que van a apoiar monetariamente a obra. Outra razón pode ser que a presenza de Rajoy non está confirmada e querían contar con el para ese día. Hai máis hipótesis pero xa moi surrealistas e non as vamos a citar aquí.

Por outra banda sinalanos  que coma o ano pasado os Concelleiros do B.N.G. non asistirán ao Xantar i este ano súmanselles os do P.S.O.E. que incluso piden que os cartos dos seus pratos sexan donados a institucións benéficas. Recordemos que o B.N.G. pideu fai uns dias a cancelación do Xantar, como medida de aforro i en contra da convención Popular que é o que parece.

Rematan decindo dende Cambados Xusto  que de todos os xeitos tampouco faría moito caso do que din dende a Alcaldía pois esta xente é moihábil a hora de confundir a os cidadáns. Pode ser unha maniobra de distracción.


1 comentario:

Anónimo dixo...

pois parece ser que esa "suspension" non foi certo, por desgraza para todos esa estatua acabou inaugurandose. De todos os xeitos ai que reconocer o merito e o esforzo da xente que con diversas movilizacions intentou impedir que se levase acabo.