9 de ago. de 2012

HOMENAXES E RESPETO POR "OS FAISCAS DE SOLOBEIRA"

Ramón Vázquez Acha, Xaquín Xesteira Losada, Xosé Manuel Gómez Oubiña e, ata xaneiro deste ano, Ernesto Abal González, somos Os Faíscas de Solobeira. Dicimos somos porque para nós Ernesto sempre formará parte deste cuarteto. Dos 30 anos que levamos tocando, os últimos 20, Ernesto
acompañounos, como se soe dicir, nas verdes e nas maduras. Tamén fomos conscientes de cómo el gozaba con cada alborada ou calquera celebración á que nos chamaban.

Non fai falla ser moi listo para decatarse de que todo este tempo é máis que suficiente para coñecernos ben, saber como pensa cada un e, tal vez o máis importante, ter unha idea clara de cómo se debe facer, tratar e gozar coa música tradicional.

Din que ninguén é profeta na súa terra, dende logo, nós nunca fomos afortunados en Cambados, e sobre todo polos que gobernaron este concello. É triste e, ao mesmo tempo, vergonzoso que as persoas que non gozan da nosa simpatía, sexan as que agora queiran facerlle unha homenaxe a un de nós. E xa non falemos das formas que tiveron con este grupo á hora de organizar dito evento.

Señores do Concello de Cambados:
A mellor homenaxe xa lla tributamos os compañeiros e amigos que no seu momento estivemos onde tiñamos que estar, con el e coa súa familia; que sería como máis lle houbera gustado a Ernesto.

Tal vez o único problema é que alí non saíran vostedes na foto ou non se enchera un día de programación na Festa do Albariño.

Tampouco entendemos por qué se negaron a aprobar unha proposta presentada ao Concello en dúas ocasións para que o Centro Cultural de Vilariño, a súa parroquia, levara o seu nome. Tal vez porque a proposta a presentaron uns, e non outros?

Por outra banda, non se preocupen, que se algún día fai falla homenaxear a algún membro deste grupo, xa o faremos nós, pero ao noso xeito, coas persoas e grupos coas que lle houbera gustado ao noso compañeiro.

Por último, e dende o noso máis fondo sentimento de amargura e indignación, queremos pedirlle algo que non costa nada: RESPETO.

OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA
Asinado:
Ramón Vázquez Acha “O Chilro”
Xaquín Xesteira Losada
Xosé Manuel Gómez Oubiña

7 comentarios:

José Luís do Pico Orjais dixo...

Sabei da minha solidariedade e comparto a vossa indignação. Força. José Luís do Pico Orjais.

Paula Morrazo Parada dixo...

Gracias os "FAISCAS" pola sua atención.
E os demais tranquilos, que arrieros somos y en el camino nos encontraremos.

Anónimo dixo...

Ai pauliña pauliña,agora como sogro abal xa non esta cos peperos acabouseche o chope non?todo se acaba nena.Xa chuchaches bastante e agora tocalle a outros.Agora ai que arrimarse o bloque os que antes poñiades de vran,jaja arrimaste o sol que mais quenta.

Anónimo dixo...

Pauliña agora que tas do bando contrario,cousa que es libre de facer,os teus motivos teras,ben podias contarnos da tua vida laboral cantos traballos tubeches por enchufes dos do pp?

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Respeto nos comentarios senón non se publican como fixen nesta nova cun par deles.

Anónimo dixo...

Sergio Abal Varela A palabra respeto non está no diccionario de Luis Aragunde...Solo conoce a palabra roubar... claro que non esta,rouboulle a oportunidade dun posto de traballo a moitos que seguro se merecian e necesitaban mais que tua moza,e sin embargo deronllo a ela por ser quen era teu pai nos da jaivota.Exe asi o enchufismo no pp.

Pedro Magariños dixo...

Esta caste de políticos solo fan homenaxes a si mismos para promocionarse, non coñecen a vergoña pero pola peor das formas da desvergoña a que nace da estupidez é da iñorancia.
"DAN JANA DE AJUMITAR"