9 de ago. de 2012

LUÍS ARAGUNDE ERES UN PERFECTO MALEDUCADO

Quero analizar polo miúdo a carta de Xaquín Xesteira e demais membros de Faiscas ao concello de Cambados e polo tanto ao seu alcalde mais en profundidade. Dicir que coma sempre a Xaquín Xesteira aparte de sobrarlle maestría
con diversos instrumentos, ser o mellor gaiteiro do mundo, asi como o resto do grupo Faiscas, sóbralles educación , e a carta o meu gusto é demasiado suave e explícome: 
1º.- Como se pode ver no programa do Albariño, sen avisar a familia e por suposto os “Faiscas de Solobeira” colocase o seguinte: “21.00h No Pazo de Torrado Festival Folclórico do Concello de Cambados Homenaxe ao gaiteiro Ernesto Abal coa actuación do Grupo de Gaitas da Casa de Galicia en Nova York, Con de Xido, Os Carballeiras, Obradoiro Cultural Volandeira, Xironsa e Os Faíscas".Eu persoalmente fágolle saber este extremo cando sae o programa o propio Xaquín Xesteira que obviamente queda sorprendido e estrañado, xa que , insisto, con eles non falara ninguén do Concello, e repito , tampouco ninguén do Concello se dirixe a familia.
2º.- O BNG de Cambados, solicitou en dúas ocasións que o Centro Cultural de Vilariño pasara a chamarse Centro Cultural Ernesto Abal, as dúas solicitudes foron rexeitadas pola impresentábel do noso alcalde e os seus secuaces de partido, e non so porque Ernesto fora o bombeiro de Faiscas, senón que en toda a súa vida foi dinamizador da vida social e lúdica da nosa querida parroquia de Vilariño. 
3º.- Como se pode facer unha homenaxe a unha persoa sen consultar a súa familia e o grupo onde estivo  durante 30 anos. Isto só o fan uns impresentables como os que nos gobernan no Concello de Cambados.
4º.- Como ten o morro Luís Aragunde e compañía de encher un día do programa de festas do Albariño homenaxeando a un grupo que o concello de Cambados non contratou nunca para ningunha festa.
5º.- O Alcalde Luis Aragunde, tan afeccionado a ir os enterros, por certo sempre se coloca en lugar visible preto da porta principal da igrexa para que a xente o vexa,  non se dignou acudir o enterro de Ernesto.
En fin podiamos seguir sacandolle as cores a este impresentable que temos como Alcalde e os seus concelleiros, pero facendo como fan as cousas tan mal seguiremos tendo ocasión  de seguir descubrindo a estes profesionais da política que so están no concello para beneficiarse persoalmente a conta dos cidadáns cambadeses.
Por certo,  dicir que a nova do falecemento de Erneste Abal, é unha das entradas mais vistas neste blog e amosa as claras que era unha persoa querida e admirada o noso añorado Ernesto.
Luís tes que aprender  moita, pero que moita educación, definitivamente eres un lobo con pel de cordeiro e como di o titulo deste artigo, un perfecto maleducado.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Eu son un gaiteiro, nin siquera a sombra de Xaquin, e no noso grupo de gaitas xa se nos comunicou desde fai tempo desde o concello da homenaxe o Sr.Abal, asique non podo entender a que ven semellante comentario sobre o noso alcalde...en fin...