Esto é o que se desprende da nota publicada no facebook do Refuxio de animais de Cambados que leva este determinante titular:
“NON A UN CENTRO DE EXTERMINIO EN PONTEVEDRA! NON Ao PECHE DE PROTECTORAS”
A Refuxio venos a dicir que pasaron os meses e os peores agoiros de Olga Costa parece que se aveciñan... A Deputación de Pontevedra camiña a pasos axigantados co seu proxecto de FLOCO PROVINCIAL, un centro creado e construído para ser un albergue de animais da comarca do Salnes con capacidade para 500 cans e servizo a 7 municipios pretenden utilizalo para hacinar aos cans abandonados de toda a provincia de Pontevedra!!!!
Temos noticias de que se pretende pechar todos os refuxios e protectoras e flocos sen licenza de núcleo zoológico co cal só serian 3 as protectoras que permanecerían abertas en toda a provincia.
![]() |
Aragunde (o cán): que pouco tempo che queda de vida. |
SEÑORES! Que ocorrerá cos mais de 1.000 cans que se atopan aloxados nas protectoras actuais ?????
Que, como e onde se recollerán e atenderán aos animais abandonados de toda a provincia ????
Con que interese pretende crear planta incineradora a Deputación de Pontevedra?
Refuxio de Animais de Cambados: 13 anos ao servizo da comarca do Salnés
Protectora de Animais de Villagarcia: 14 anos ao servizo da comarca do Salnes
Protectora de Morrazo: 20 anos ao servizo da península de Morrazo
Protectora de TUI, Ponteareas, Vigo, Pontevedra e un longo etcétera
Todo o traballo de protectoras, asociacións e animal illas durante décadas !!!!! Para que agora Pontevedra, a provincia con mais protectoras de Galicia!!!
A provincia con maior actividade protectora con maior numero de actividades pioneiras en refuxios e acción social!!!!
En que nos imos a converter????
![]() |
Os tres brindando pola construcción do centro de exterminio. |
Queremos e pedimos a todas as asociacións, protectoras, animalistas, cidadáns, políticos e persoas que evitemos este despropósito !!!
Alcemos a voz!!!! Fagámonos escoitar!!!!
Todos somos Pontevedra, todos e cada un de nós os cidadáns formamos esta provincia, financiamos esta deputación, eliximos aos nosos políticos!!!
Todas as firmas recolleitas, e as que seguiremos recollendo a partir de xa!!!
Logo de solicitar infinitas reunións erradas, de prometernos non converter Meis nun centro de exterminio, de utilizar o contido do noso proxecto (rexistrado na propiedade intelectual) para os proxectos propios da Deputación, seguimos igual:
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NON QUEREMOS UN FLOCO PROVINCIAL!!
NON QUEREMOS UN CENTRO DE EXTERMINIO!!
QUE SE NOS OIA, XA!!
Asi remata a nota do Refuxio de Animais de Cambados, e ainda que non dan nomes dos politicos en cuestión e obvio quen manda na Deputación , pois o "meu amigo" Louzán, quen é o delegado da Xunta , Toruis; e quen é inepto que temos de alcalde, Luis Aragunde todo eles dunha forma ou doutra son os que van construir un centro de exterminio para animais, esto volvenos directamente os tempos dos campos de concentración hitlerianos, e xa sabemos todos a quen lle toca o papel de Hitler. Eu dende aquí o meu apoio personal a toda clase de movilizacións en contra da construcción deste centro de exterminio.
1 comentario:
Si a alguen haberia que exterminar e os que foron donos dos animais abandonados. primeiro regalanlle caniches os fillos, e logo aburrense, cansanse o quen sabe que lle leva a abandonar os pobres animaliños. Dan moitisima pena velos por ahi, nos osos, e mortos nas carreteras despois de intentar cruzar. Estou de acordo que haberia que axudar mais as protectoras e abrir algunha mais. Pero non creo que os tres de arriba teñan a culpa da mala conciencia de algunhas personas. Si non estamos capacitados a ter un can no o compremos. E os que queren, e poden telo que o adopten. Un saudo.Alice.
Publicar un comentario