En Cambados temos a sorte ou desgraza, depende como o mires de coñecernos todos, isto un a veces non sabe si é bo ou é malo, o que si é evidente que é un feito verídico. Moitas
veces en conversacións de bares ou de amigos, sobre todos os que peiteamos canas, sempre xurde este tema e case sempre a conversa remata coa frase que titula este artigo.
veces en conversacións de bares ou de amigos, sobre todos os que peiteamos canas, sempre xurde este tema e case sempre a conversa remata coa frase que titula este artigo.
Non vou a ser eu o que descubra a fórmula da relatividade se digo que o 99% dos presidentes da Comisión de Festas son ou militantes ou simpatizantes do PP e algúns deles activísimos militantes diría eu. É lóxico doutra banda que cada un poida ser militante ou simpatizante do partido que el queira, pero cando se ostenta un cargo público hai que ser consciente do cargo que se ocupa e deixar os partidos a un lado. Isto non sucede na realidade xa que o PP controla , repito o 99% das Comisións de Festas e estas non deixan de ser , a veces, uns instrumentos moi válidos para dende elas facer política favorábel ao PP ou do seu Alcalde. O caso mais claro témolo no do presidente da Comisión de Festas da Val venera, a súa vez presidente da Sociedade Cultural , e a súa vez repartidor de propaganda electoral do PP nos comicios electorais cando non o vemos de apoderado o día das eleccións. Isto é verdade e hai que dicilo.
Ningunha comisión de festas, agás a da Virxe das Angustias, ten a delicadeza de invitar os portavoces da oposición tanto do PSOE como do BNG, os actos que organizan publicamente estas comisións, cando a veces non so invitan o Alcalde incluso teño visto en mais dunha procesión a tres ou catro concelleiros do PP como por exemplo este ano na de Santa Mariña. Isto non só é unha falta de respecto os partidos antes referidos senón que tamén é unha falta de respecto a case a metade do pobo de Cambados que vota a estas dúas formacións políticas, outra cousa é si as formacións deciden ir ou non, pero ti polo menos ten a delicadeza de invitalos..
![]() |
Podemolos ver felicitando o alcalde na sede do PP |
Dun tempo a esta parte xa hai moita xente que nega a darlle donativo algún a certas comisións de festas pola súa implicación política e directa co Partido Popular, lémbrome perfectamente cando foi do debate das pasadas eleccións locais no Auditorio da Xuventude como o presidente dunha Comisión de Festas moi importante de Cambados, arengaba o publico a insultar o candidato do PSOE, foi lamentable.Hai algún que outro presidente de Comisión de Festas que ate ten a súa filla traballando no concello. Non quero dicir tampouco que todos os integrantes ou directivos das comisión de festas sexan do PP, pero eles saben a quen teñen como presidente e de que pe coxean, aínda que si sei que hai xente que traballa a cóbado partido pola comisión sen importarlle o ideario político da mesma, e nalgúns casos ata me consta persoalmente..
![]() |
Ou en algún mitin deste partido |
Despois tamén lle hai que dicir a verdade a xente cando se lle vai pedir un donativo e dicir que moitas das cousas que contratan, gaiteiros, músicos, bebidas, xantares, etc. son pagados polo concello e as actas de goberno me remito.
Fixádevos a onde chega o “mamoneo” que nunha ocasión un membro do BNG doulle propaganda electoral desta formación a un presidente dunha comisión de festas e non lla quixo, obviamente este presidente foille a pedir para a festa en cuestión a este paisano, xa sabedes a resposta do membro do BNG, educadamente díxolle, “vaite pedir a outra porta”. Eu tamén xa empezo a estar canso deste mamoneo de “pacotilla” e non estaría mal que cada Comisión de festas o remate das mesmas fixera pública as súas contas, así moitos cambadeses ficariamos mais tranquilos. ¿Por queé, quen nos di a nos que non todos os cartos se empregan na festa en cuestión?. Ningún lle di que non pertenzan a un partido político, pero mentres sexas presidente dunha Comisión de Festas, mídete, cando menos, un pouquiño e mais publicamente.. Outro día falaremos de certas asociacións e a seu vinculación tamén co PP.
8 comentarios:
En este Cambados o que se dí neste artículo ocurreu sempre, antes co dictador agora co poder PP e eclesiástico, a xente sempre foi escrava das suas ignorancias e os "poderes" coidanse moi moito de eso, para mostra un botón, o presidente da Valvanera, que leva mais anos de presidente case que os que el tén, e cada ano oímolle a sinfonía de sempre..." e que non hai quen queira collelo cargo..." PATACAS DA CHATA hay que levar chocolate o asilo, manconear os veciños e darse un aire de prepotencia e superioridade que solo el pode debido a unha supina ignorancia que padece, e como él cantidade de elementos que se creen imprescendibles e que fan todo canto lles ordenen "os poderes". En este pais se politizan hasta as "CHUCHESSSS" de Mariano Rajoy e o mamoneo e moeda de cambio para uns elementos que sempre pensan mirando para abaixo( entendase bandullo e parte baixas) nunca mirando o ben para a malloría das xente. Deberían estar prohibidas as placas , as inauguracións e os xantares de confraternidade e que toda esta xente mostrara públicamente as contas. Hay moita rata cuartelera solta.
comes de balde a tope na festa do labrego de vilariño,toda xente se pon a fila,os da comision reparten un chourizo e un baso de viño tinto. todo esto esta moy ben, pero o conto e que chega o señor Luisiño, Pombiño,Modestiño Tourisiño,e uns poquiños mais, todos eles pegadores de papeles do pp,faltaria mais,e poñense detras do tentedere, a mesa ben postiña e ala albariño empanadiña etc, ea festa ben montadiña,porque non se mezclan co pobo e comen e beben no basiño de plastico coma todos ,miña abuela a todos estes chamabañe chupons e comes debalde ¡A MIÑA CASA QUE NON BEÑAN PEDIR OS DO LABREGO¡ QUINTO
eso non e verda mintes a sabiendas e eso e moi malo por que a cofradia invita o representante do bloque a o carmen e non veñen.a comida da vieira si que veu e ti tamen ai moito jalopin pero por todos lados.non censures esto e di a verda
Dirixido a Anónimo 15 Agosto de 2012 22:49:
Estimado "anónimo", o teu comentario colleria forza se o asinaras co teu nome e apelidos. E no que respecta o fondo do asunto decirche que eu no considero a Confraria unha Comisión de Festas o uso, senón que como seguro ben ti sabes é o organismo semipúblico e como tal ten a obriga de invitar os actos a quen por protocolo corresponde.
Eu xa publiquei neste espazo que acudin o xantar, nunca o neguei, e teño tanto dereito a ir como vai o Alcalde e demais concelleiros do PP.
Preto de acudir a procesión é unha opción tan válida como a que do vai, pero eso non quita que a Confraria sigua remitinda a invitación.
E como ves eu omitin falar da confraria no artigo a propósito pola razón antes expresada, agora aparte disto que outra mentira dixen no artigo, gustariame que a explicaras. Sáudos.
E unha falta de respeto o que estas a decir sobre as comisiòns de festas, estés traballan todo o ano, salen a pedir polas portas de Cambados, e pensas que gañan o presuposto para facer unha Festa en Cambados? Eu creo que Non porque eu sei de unha comisión que tubo que pagar o que faltaba dos seu bolsillo.
E sobre este artigo, estubestes nunha Comisión de festas "Chon"?
Un saudo, Manuel Gómez.
Estimado Manuel Gomez: Ante todo grazas por identificarte, eres un dos pouco que o fai, eu como ves xa o fago todos os dias no blog.
En segundo lugar darche en parte a razón , e dicir, o mellor a palabra "mamoneo" igual non foi a mais acertada, quizas sen faltar o respecto a palabra mais adecuada seria "conchaveo".
3º.- A ver, traballando todo ano non é así, o tempo que mais traballan e un ou dosu meses antes de festo logo hai as tipicas actividades de loteria, recuadacións varias etc, pero tampouco é que se maten a traballar.Agora sei que os meses que van pedir son moi duros estimado Manuel, e así xa che contesto a outra das tuas preguntas, estiven en duas comisións de festas como participante activo e organicei durante seis anos a Cabalta de Reis cando o concello non daba nin un peso.Ademais de estar en varias directivas do Cambados e do Xuven durante varios anos e sei o que ir a pedir a portas e non che dar nada, e ainda por riba o concello tamén che pechaba as portas , non como fai agora coas comisións actuais.
4º.- Non me desmintes ningunha das cousas que dixen no artigo, porque sabes que todas son verdade.
5º.- Non se che resulta extrano que ningunha comisión de festas agás a Confraria (que eu non a considero como tal) e a da Virxe das Angustias, invitaras os portavoces da oposición os actos de desfiles procesionais, a min resultame mais que evidente do conchabeo que hai entre as comisións e o PP. Ou é que o BNG e o PSOe non representar a unha gran parte do electorado do pobo.
E por último decirche que non estaba no meu ánimo, e creo que o artigo no fai ver, desacreditar o traballo que fan os directivos das respectivas comisións de festas, senón que eu facia sobre todo facendo fincape nos presidentes das comisións, incluso poñendo probras gráficas.
Teño amigos e familiares traballando en comisións de festas, si entendeches o artigo como unha falta de respeto, sinto, pero reafirmome que o 99% dos presidentes adulan o PP ate a médula.
De todos os xeitos se queres sacar unha nota explicativa tes este blog a túa disposición. Un sáudo.
Son Manuel,
O de traballar refierome de perder tempo coa familia, nas tuas cousas...eso o que me refiero o verbo traballar.
E se son a maioria ou todos do PP creo que da igual,ainda que sean do BNG ou PSOE porque fan unha labor cara o pueblo moi importante.
Se invitan o Alcade, e porque o que esta gobernando, como si estivera Victor e fora Victor como Alcalde sabes o que me refiro?
E que queres decir do fincape nos presidentes?
Un saudo!
Estimado Manuel: Eu non critico a idoloxia da xente, senón que aproveitando a Comisión de Festas se faga apoloxia do PP, iso é o que me refiro e que lle reprocho. Evidentemente cada ún pode ser do partido que queira faltaria mais.
Sei de sobra Maanuel o que é perder horas e días de estar coa tua familia para traballar para unha comisión de festas ou unha asociación ou club, pero o que che aclaraba era que sobre todo nas comisións de festas, o traballo duro ou a perda de tempo é dous ou tres meses o ano, non así nun club onde tes que estar dando o callo todo o ano.
Queria dicir o de facer fincape nos presidentes porque na maioria dos casos eles "se o comen e se o se o guisan", e eles son dos que mais politica fan neste pobo.
Reitero o meu respeto a toda a xente que traballa nas comisións de festas sobre todo os que traballan como cabróns e non "saen na foto", agora que desde algunhas comisións fan politica Manuel é un feito máis que certo.
Por certo aparte do alcalde deben e tiñan que invitar os representantes dos outros dous grupos da corporación , mais que nada por educación protocoloria.
Sen ir mais lonxe onte fumos a un acto invitados pola Asociación de Amas de Casa de Cambados "Albariño" e como ten que ser invitaron o alcalde e demais concelleiros da oposición.
Publicar un comentario