11 de ago. de 2012

“CAMBADOS, MÁIS PRETO DO CEO” UN NOVO LIBRO SOBRE A NOSA VILA

Unha síntese de cultura, mar e albariño.
A través dun percorrido fotográfico “Cambados, máis preto do ceo” mostra un conxunto de imaxes, recollidas pola cámara de Ramón Vaamonde, que constitúe unha guía dos espazos máis coñecidos desta vila da comarca do Salnés. Nas súas
páxinas, prazas e rúas, pazos, monumentos, adegas, e praias, xunto coa súa riqueza natural e gastronómica.
O libro é un fiel reflexo da realidade de Cambados, do seu conxunto histórico declarado ben de interese cultural pola súa protección e a das súas zonas monumentais. E tamén nos amosa todo aquelo que rodea á capitalidade do albariño, desde a ruta do viño ata as adegas e o museo adicado a este espectacular caldo que Álvaro Cunqueiro definiu como “o príncipe dourado dos viños”.

“Cambados máis preto do ceo” é, en definitiva, testemuña gráfica do variado patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico desta vila, o que engadido aos seus ricos produtos do marisqueo e da pesca de cerco, son un orgullo para os cambadeses e todo un reclamo turístico. A publicación reflicte nas súas páxinas a xenuína riqueza desta turística vila.

Mais información e adquisición premendo AQUÍ.


Ningún comentario: