11 de ago. de 2012

UN CAMBADÉS, ANGEL CAMBADOS, QUERE QUE O SEU POBO TEÑA BANDEIRA

Angel Cambados Tirado, o mozo da foto, quere poñer de moda novamente o tema da bandeira de Cambados, el está empeñado en que teñamos bandeira e eu estou completamente dacordo con él, unha bandeira que nos una a todos, os de dereitas, os de esquerdas, os de centro, os ricos, os pobres, os politicos, os que pasan da politica etc. Angel dinos que lle gustaria  recuperar aquel tema que fai anos (2007 se non recorda mal) inicio a mítica banda
de Cambados UNHA GRANDE CHEA para a creación da Bandeira Oficial do Concello de Cambados, por ese ano tanto UGCH como el mesmo fixeron  a sua propia bandeira. Desde a súa páxina de goggle + anima a todos os que sodes de Cambados como a todos os que non sodes para que o axudesdes a conseguir este reto. Tamén se admiten novas suxestións para a bandeira.
Unha Grande Chea daquela daba a seguinte explicación sobre a súa proposta de bandeira
    
Bandeira proposta daquela por Unha Grande Chea.

1ª.- A cór azul e a cór do fondo do noso escudo, e ademáis representa a cór do mar , Cambados vive do mar é un pobo mariñeiro por excelencia, o azul teñeno na mente os nosos mariñeiros todolos días.
     2ª.- A cor amarela é o simbolo da cór do noso viño por excelencia o Albariño, e a cor dominante nesas preciosas postas de sol que cantaba o noso poeta Ramón Cabanillas , é tamén  a cór da corona de Witiza, fundador do noso pobo e do caliz que preside o noso escudo e ademáis e cor dominante dos equipos deportivos máis representativos do noso pobo.
     3º.- Estas córes colocamolas en diagonal porque a unión das mesmas representa o Rio Umia que divide o noso  Concello  en varios dos seus puntos.
     4º.- Evidentemente no centro o escudo do noso pobo.
      A cór ouro que dora a bandeira no forma parte da mesma, é un adorno.
      Esta é proposta de UNHA GRANDE CHEA, como bandeira do noso pobo, nin que decir ten que era só unha idea, esperaban  que algún tomara nota e o propuxera  no Concello.

Bandeira proposta por Angel Cambados.


Pola súa banda Angel tamén fixo daquela a súa bandeira e dabanos a seguinte explicación sobre da mesma:  “Pois as cores amarela e azul son simbolos do noso pobo e da nosa riqueza, o Albariño e o mar. Despois as catro divisións son as catro parroquias,  Castrelo, Corbillón , Oubiña e Vilariño. E por suposto que o escudo no medio”.”

Acto oficial onde se usou por primeira e única vez unha bandeira de Cambados.

O 24 de agosto de 1996 Cambados asinaba un protocolo de irmandamento con seis municipios da bahía de Mont Saint Michel. Era a forma de facer oficial unhas relacións que comezaran catro anos antes. Coa firma deste solemne documento, ambas as zonas comprometíanse a manter e acrecentar a relación social e económica iniciada no ano 92. O comité de irmandamento coa Bretaña francesa viaxou a esta rexión os diás  17 e o 24 de agosto de 2006 co gallo  do décimo aniversario da firma do protocolo de irmandamento entre Cambados e a comarca de Pays de Dol.

Así era aquela bandeira.

Nese acto os franceses dixeronlle que o Comité que tiñan que levar a bandeira do pobo xa que ian desfilar a ia haber uns actos oficias, efectivamente puxeronlle o nome a unha rúa do noso pobo que é o intre que podedes ver na foto superior, e o que iamos,  nese acto vedes que hai unha bandeira galega, exactamente non é unha bandeira galega é a bandeira de Cambados  que se usou por primeira vez nun acto oficial e non se volveu a usar nunca, nin ninguén se enterou de que se usara unha bandeira de Cambados agás os que foron alá, a bandeira en cuestión era a seguinte:
Asi que xá sabedes, ainda que os nosos gobernantes nunca o fixeron público si se usou “unha bandeira de Cambados” nun acto oficial, tivemos polo menos bandeira UN DÍA. ¿Por qué non se usou máis?. A resposta está no Concello.

O máis lóxico seria facer un concurso  por parte do concello para que entre os candidatos se escollera a bandeira mais bonita e representativa. O tema non fora baladí xa que incluso varios medios de prensa fixeronse eco da nova.

Ningún comentario: