O día de inauguración do albariño evidentemente os protagonistas foron as estatuas humanas, un éxito rotundo de convocatoria e organización , pero tamén houbo o que se chama “danos colatarais”. Moita xente pregúntome neste
albariño que me dixo Louzán no día da inauguración. En principio Louzán rompe o protocolo sae da comitiva a diríxese o stand onde estamos varios amigos e mais eu. Nunca pensei que todo un todopoderso presidente da deputación, xefe máximo do Partido Popular en Pontevedra, e o “rei Midas” das finanzas na provincia de Pontevedra, se rebaixara a falar cun humilde blogueiro.
albariño que me dixo Louzán no día da inauguración. En principio Louzán rompe o protocolo sae da comitiva a diríxese o stand onde estamos varios amigos e mais eu. Nunca pensei que todo un todopoderso presidente da deputación, xefe máximo do Partido Popular en Pontevedra, e o “rei Midas” das finanzas na provincia de Pontevedra, se rebaixara a falar cun humilde blogueiro.
A conversa xirou en torno a que non lle parecía nada ben o que falo del e que somo veciños e podiamos falar. Facía moita insistencia en que eu me metía con el no terreo persoal, xa vedes os que seguides o blog que non é así, e que tiñamos que ter unha conversa mais a fondo. Eu díxenlle que nunca me metín con el no terreo persoal entre outras cousas porque non me interesa a súa vida privada , pero si me interesa o que fai publicamente que non é mais que amasar cartos e cartos grazas os contribuíntes. Louzán hai que recoñecelo é un animal político e neste senso sabe o terreo que pisa , pero é probable amigos que un “rato de merda” faga anoxar a un “león da política”. Este non era o meu desexo o meu desexo e informarvos a todos cada día e denunciar as inxustizas que se están a facer no Concello de Cambados, e na provincia de Pontevedra, e un dos responsables máximos desa inxustiza e “Rafa” Louzán. Moito lle tivo que foder o que se di no blog para pararse a falar cun bloqueiro de merda que ó único que fai é dicir mentiras segundo din os “hooligans” do PP. A charla durou mais o menos dez minutos e tanto eu como os que as testemuñas citadas, vimos un Louzan anoxado, contrariado polas “tonterias” que di este blog de merda. Por certo un blog que o mes pasado bateu records pois tivemos un volume de vistas fora do normal nada mais e nada menos que 25.318 visitas, unha media de 844 visitas diarias. Non está mal para un “blog de merda”. De todos os xeitos os que entrades cada día un millón de grazas.
1 comentario:
¿Douche aljún tipo de imformasión de porqué a Deputasión de Pontevedra está fasendo unha Cadea de Hoteles no Salnés fasendolhe a competensia desleal os empresarios de Hostelería? Por serto....dous o pé do seu Pazo...dous kilómetros pa un lado e dous kilómetros po outro....o seu invento do Caminho -Fransés que vai de Pontevedra a Santiajo de Chile e pasa polos seus hoteles xa é o cachondeo do mundo turístico....
Publicar un comentario