O BNG de Cambados ven de publicar no seu blog unha nova denuncia polo tema do Pinal de Maza esta vez perante o SERVICIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DA AXENCIA DE PROTECCIÓN DE LEGALIDADE
URBANÍSTICA.
Víctor Caamaño Rivas, manifesta nese escrito que que desde o pasado mes de abril, o grupo municipal do BNG ven de denunciar as diversas irregularidades e ilegalidades nas que concorre unha obra realizada por dúas empresas (DISMATERRA SL, expediente municipal nº46/2.012
– referencia catastral: 36006A0050025800000P- e CANCELO CB, expediente municipal nº 81/2.012 – referencia catastral: 36006A005001400000OO-) en Cambados (concretamente no denominado “Pinar de Maza”, na Modia, Vilariño, Cambados) que consisten na transformación dunha superficie de case 1 Km2 e constituída por unha serie de fincas menores que conta con protección forestal, nun cultivo de albariño.
– referencia catastral: 36006A0050025800000P- e CANCELO CB, expediente municipal nº 81/2.012 – referencia catastral: 36006A005001400000OO-) en Cambados (concretamente no denominado “Pinar de Maza”, na Modia, Vilariño, Cambados) que consisten na transformación dunha superficie de case 1 Km2 e constituída por unha serie de fincas menores que conta con protección forestal, nun cultivo de albariño.
Que a superficie total desta parcela estaba recuberta por unha mesta masa arbórea formada por piñeiros, carballos e sobreiras (este feito pode aínda comprobarse utilizando diferentes “buscadores xeográficos” en internet como o “Sigpac” ou o “Google Earth” –achégase fotocopia-). Que ditas obras comezaron no mes de xaneiro deste ano sen ningún tipo de permiso ou licenza e, incluso, sen existir naquel momento ningún expediente aberto no concello de Cambados (os expedientes a ámbalas empresas abríronse o 23 de febreiro de 2012). Que, para realizar esta obra, as citadas empresas solicitan simplemente permiso para cultivo de albariño ocultando, co amparo do concello de Cambados, que facer emparrados nesas parcelas significaría, ademais dunha tala, un movemento de terras (necesitaría, polo tanto, previa licenza municipal; non a ten a día de hoxe), pois así o esixe o artº 194 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (aportamos fotos que son testemuña do movemento de terras realizado entre xaneiro e febreiro deste ano).
Que ademais, neste caso, tamén se oculta desde o concello que as parcelas correspondentes coa citada obra están urbanisticamente consideradas como “solo non urbanizable de protección forestal” segundo as NNSS do noso concello que datan do ano 1995 (ORDENANZA 9: SOLO NON URBANIZABLE DE PROTECCIÓN DE ZONAS FORESTAIS) e por ser Cambados un concello sen o planeamento adaptado, a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, no seu apartado f) da súa disposición transitoria primeira establece que ao solo non urbanizable aplicarase integramente o disposto nesta lei para solo rústico e dita lei non ampara en ningunha das súas disposicións o cambio de uso que significa a transformación dunha zona forestal a un uso agrícola. Así mesmo o POL, como normativa de rango superior ás NNSS de Cambados, establece que o lugar é un ESPAZO DE INTERESE, o que ven a confirmar o especial valor paisaxístico da zona que a fai incompatible con actividades e construcións agrícolas.
Que o 21 de marzo de 2012, dous meses despois de comezada a obra, o arquitecto municipal, Antonio Espinosa, informa dicindo que para realizar esta obra fai falta un informe no que conste a descrición da actividade, proxecto e documentos e proxecto técnico con memoria urbanística. Que tamén, no mes de marzo a empresa privada “Garural” realiza un informe técnico para as empresas promotoras onde, entre outras cousas, di que se deben respectar exemplares adultos, cando en realidade nese momento xa tivo lugar a tala e o movemento de terras e xa non queda ningunha árbore no “Pinal de Maza”. Que o 29 de maio de 2012, cinco meses despois de comezada a obra, a Alcaldía pide autorización autonómica á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de conformidade coa Circular 2/2003 do 31 de xullo sobre solo rústico. Que o 7 de xuño de 2012, a Alcaldía consulta á Secretaría Xeral de Urbanismo por se é necesaria licenza municipal e que 7 días máis tarde resposta este servizo informando que esa cuestión é unha competencia municipal.
Que o día 14 de xuño a Secretaría do Concello de Cambados, seis meses despois de comezada a obra, realiza un informe totalmente parcial e carente de base legal (omiten que houbo movemento de terras e que a parcela é un solo non urbanizable de protección forestal que non permite o cambio de usos), no que conclúe que para realizar esta obra non é necesaria licenza municipal e ao día seguinte fai coñecedores ás dúas empresas solicitantes de que o concello chegou á conclusión de que para realizar a citada obra, na que levan seis meses traballando, non é necesario ningún tipo de licenza ou permiso municipal.
Ademais, o grupo municipal do BNG afirma que a razón pola que o concello de Cambados pon tanto empeño en non esixirlle ningún tipo de permiso ou licenza ás citadas empresas é que o representante dunha delas (DISMATERRA SL) é un concelleiro do PP (Juan Ramiro Gómez Blanco) que forma parte do grupo municipal de goberno de Cambados e que na mesma empresa é copropietario o Delegado Territorial de Pontevedra da Xunta de Galiza (achégase con este escrito unha fotocopia do rexistro mercantil). Desde o goberno municipal do PP no concello de Cambados, tratou de ocultarse en todo momento o cúmulo de irregularidades cometidas nesta obra e a día de hoxe aínda non deron contestación ás preguntas formuladas sobre este tema polo BNG (achégase fotocopia deste escrito do 25 de maio de 2012; nº rexistro de entrada 2012/3285). Que con anterioridade a este escrito o grupo municipal do BNG enviou, así mesmo, outros escritos denunciando as irregularidades cometidas nesta obra aos seguintes organismos da Xunta de Galiza: Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Servizo Provincial de Patrimonio e Xefatura Territorial Consellería de Medio Rural e Mariño; e remata solicitando o portavoz nacionalista que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dentro do seu ámbito competencial, actúe e trate de impedir e sancionar as múltiples irregularidades que se están a cometer neste caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario