2 de ago. de 2012

GUIA DE CAMBADOS

Neste Albariño chegou a miñas mans unha nova gia de Cambados na que se minsturan tres idiomas castelán, inglés e galego. A guia está editada polo I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, a portada está deseñada polo profesor e pintor Manuel Busto, con fotos, textos e montaxes do profesorado e
alumnado do IES Francisco Asorey. A guia narra a historia de Cambados e os monumentos e pazos mais importantes. Na páxina central podemos ver un plano de Cambados onde nos ofrecen información práctica e a situación dos monumentos da nosa vila. Esta pequena guia turística que se nos ofrece nace con vocación plurilingue. Neste mundo globalizado no que vivimos a diversidade lingüística reflicte a diversidade cultural, e as linguas foron creadas para entendernos e non para enfrontarnos. A diversidade do alumnado do centro IES Asorey mostra xa a sociedade de mestizase que temos. É un obxectivo prioritario para os docentes que o seu alumnado desenvolva habilidades que lles permitan  desenvolverse mellor neste mundo noso cada vez máis diverso e mais plurilingüe. De seguido virtense na guia opinións sobre como ven Cambados varios estudantes do IES Asorey , unha venezolana, tres bulgaros, unha paraguaia e unha peruana. Por certo a guia repartese de xeito gratuíto.

PORTADA
CONTRAPORTADA

1 comentario:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.