2 de ago. de 2012

UN MÉRCORES HISTORICO DO ALBARIÑO: AS ESTATUAS HUMANAS ACAPARARON O PROTAGONISMO.

Onte foi un día histórico para Cambados e para a festa do Albariño e un dia negro para Luis Araguen e o seu séquito. Por primeira vez na historia da inauguración da festa un grupo moi numerosa de persoas chamados a voz de www.cambados.tk organizaron unha protesta ciudadana contra  a instalación na nosa vila da estatua de Fraga. Unha protesta  educada, sen
entorpezar para nada o acto inaUgural, pero o mesmo tempo unha protesta que pesou nos inutís dos nosos gobernantes como unha lousa. Non gustou nada a Luis Aragunde , a conselleira, a Louzan e o Sr. Gil o acto de protesta. Isto vense a sumar a protesta xa casi institucionalizada dos domingos a mañan diante do concello onde as autoridades son abucheadas dende fai xa varios anos.
O noso alcalde, que volo digo eu, estaba “fodidisimo”, limitouse a dicir “isto forma parte do folclore do Albariño”. Isto non é para nada folclore “amigo Luis” esto é que o que queres facer de impoñernos unha estatua a un fascista e unha inxustiza aparte de ser unha cabezonada do noso Alcalde, e o pobo de Cambados notouse onte que soubo protestar. Por certo algún que outro facha de merda e ximpatizanto do PP, insultaron a algún dos manifestantes e incluso algun deles tropezaban a proposito contra as estatuas, pero os manifestantes non quixeron entrar en provocacións destes "hooligans" da politica.
E que dicir do Diario de Arousa que mais que Diario de Arousa parece o Diario do PP ao dicir sobre a protesta “a única nota discordante  do acostumado ambiente  deste primiero dia puxeronna os protestantes contra a escultura de Fraga”.  Queren rebaixar a protesta a altura da anécdota, e repito onte en Cambados fixose historia. 
En canto o concerto de Julio Iglesias non foi a panacea que se anunciaba e ainda que os que acudiron o concerto un 80% non eran de Cambados, poucos cartos deixaron na vila porque a maioria o remate colleron os seus coches e non deixaron un peso. Técnicamente o concerto oparece foi un desastre, xa que o son foi moi deficiente.
O fotógrafo de FARO DE VIGO José Luiz Oubiña recolle esta noite a Folla de Prata con Albariña de Ouro que se entrega no transcurso da gala. O profesional deste xornal recibe a distinción na categoría de Comunicación pola súa longa traxectoria nos medios de comunicación arousáns.
Parabens José Luiiz
José Luís Oubiña gañou recentemente o Galicia en Foco, o premio de fotografía de prensa máis importante da comunidade, e é un dos organizadores de Proxecta, un certame de fotografía que se celebra en Vilagarcía e que permitiu ao público arousán coñecer a obra dalgúns dos mellores fotógrafos do mundo.
Os outros galardoados esta noite son: o ciclista Gustavo César Veloso (Deportes), Amigos de Galicia (Atención Social), Manso e Amigos (Cultura e Artes), e Conservas Daporta (Empresa). No concerto actúan Manolo Escobar, A Garda e Soraya. É ás 22,30 horas, en Fefiñáns. Esta claro que algunhas veces acertan o dar os premios e que dan tantos os do seu partido que xa se lle acabou a lista de enchufados.
Podes ver fotos do mércores do Albariño na columna da dereita.

VIDEO DAS ESTATUAS


INAUGURACION DA FESTA: 

TELE SALNES: 


9 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta claro que cada un ve a festa segun quere vela. O concerto estuvo moi ben. A protesta tamen. A Luis resvalalle todo, eso seguro. E a climatoloxia, estuvo de parte de Julio Iglesias. Noite explendida.
Si non publicas esto e que moi democrata non eres. Como os do Diario do PParousa.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Como ves publiqueiche o teu comentario, pero decirche que ser democrata ou non, non depende de si publico un comentario xa que como administrador do blog reservome ese dereito. Agora ti gañarias moitos enteiros se en vez de darme leccións de domocracia dixeras o teu nome.
E claro que cada un ve a festa a súa maneira non faltaria mais en iso precisamente consiste a democracia, pero resulta que este é o meu blog e nel expreso a miña opinión, niguen está obligado a entrar nel, seguro que si ti fas un blog seguramente posrias outra cousa moi distinta a que puxen eu.

Marta dixo...

Pero si el primer día siempre es lo mismo, con las autoridades inaugurando, entonces sí que fue la nota discordante. Además, más adelante pone que fueron 80 personas así que eso de residual... Me parece que has cortado lo que más te convenía

Anónimo dixo...

Gracias a Fraga temos esta Festa do Albariño, que vos os enchedes a beber.
E da vosa protesta foron 15 persoas e non foi nada histórico por que se "descojonaron" de vos, pa min fixechedes o ridículo e había mellores formas de facelo.

Un saudo. Javier.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

Votando unha ollada ó teu blogue, Chon, doume conta de dúas cousas: a primeira, que a movilización xurde e secúndase por xente "xoven", maioritariamente, i eso é algo que me aleda, pois é síntoma de que o pobo non se durme nin se deixa arrastrar por esa apatía á que estamos acostumados ("ver e calar"); e segundo, que hai moita xente de dereitas interesada en ver o que aquí se pon, por qué será?

Castrelense dixo...

Polo que se pode ler nalgúns comentarios os do PP están doentes ca protesta contra a estatua do fascista Fraga. E eso de que grazas a él hai Festa ren de ren, algúns confunden o desexo coa realidade. Dende castrelo, saúde.

Anónimo dixo...

E tamen , Sr. Javier, gracias a Fraga vos podedes estar ahí. Por miña opinión a estatua seria homenaxe a un cabaleiro ilustre.

Anónimo dixo...

Hola eu son a do primeiro comentario. a democrata. Por eso entre en este blog por que me gusta contrastar opinions. E a miña non e mellor que a sua , nin viceversa.
Un saudo de Marisa Garcia Pontes.
FELICES FESTAS.