21 de ago. de 2012

O REFUXIO DE ANIMAIS NON DESCARTA MOVILIACIÓNS CONTRA LOUZAN

Dende o Refuxio de Animais de Cambados sacan un duro comunicado no seu facebook,  onde primeiramente queren  dar as grazas a todos os que lles  axudan a que sexa posible a sua
labor. O comunicado seguenos a dicir que  veñen meses moi duros tanto no económico como no legal. Que nos van a necesitar a todos animalistas e persoas de bo corazón  e que todos xuntos van  loitar para evitar a morte de animais indefensos. 
Seguen manifestando dende o Refuxio que fai uns meses o presidente da deputación de Pontevedra Rafael Louzán nunha reunión mantida co Refuxio prometeulle avisarlle  dos pasos a seguir no tema do floco da Armenteira, en troques, a traición está a enviar  o novo proxecto a todos os concellos da provincia para que se unan a ese servizo. O refuxio pregúntase: Onde vai meter a todos os cans da provincia (máis de 2000 neste momento) nun centro que foi creado para 500 cans? van poder convivir todos xuntos? ou a política deles é recoller e sacrificar ou que se maten os cans entre eles? O refuxio dixo  no seu tempo, sairan  á rúa, mobilizarán  á sociedade, a todos os partidos políticos e non descartan ir a  Bruxelas.  Só piden o que realmente merecen logo de anos loitando en toda a provincia e máis. E remata dicinco o comunicado que  o que o pretende Louzán non é VIABLE, nin no económico nin o o social. Mentres Aragunde,  fai coma as avestruces,  mete a cabeza na terra.
Na derradeira reunión mantida polo Refuxio con Louzan o 13 de febreiro pasado (foto lateral)  os representantes da sociedade animalista saíron satisfeitos do encontro porque Louzan, animal politico el e tetrero maior do reino fixo que os animalistas sairan dicindo  que "foi unha reunión afable na que se intercambiaron opinións", e que aínda que "non se chegou a ningún acordo concreto, o presidente da Deputación dixo que tería en conta todo o que nós ofrecemos a maiores dunha empresa privada". O final vese quen minte e quen non,  Louzán minteulle o Refuxio como un cosaco na davendita reunión.


Ningún comentario: