21 de ago. de 2012

"IDÍLICO DESTINO TURÍSTICO", UN ARTIGO DE MARTIN COBAS

O ínclito alcalde de Cambados pasa unha grande parte do ano vendendo a nosa vila como idílico e paradisíaco destino
turístico onde os haxa.
Mal sabe el que unha boa parte dos turistas que aquí veñen a visitarnos marcha moi decepcionado e enganados das abondosas carencias que ten Cambados como destino turístico de primeiro orde. E o noso alcalde non se da conta de nada porque case está sempre o servizo do seu partido político, que por certo, non lle pasa o soldo que cobra, esquecéndose de traballar para os Cambadeses e cambadesas que o votaron ou non, pagando cos seus impostos relixiosamente un inmerecido xornal, que todos os fins de mes cobra.
Deixando aparte o número de prazas hoteleiras que ten que ter un destino turístico de primeiro orde.
Facendo parte da ruta do tren, que dende a Praza de Fefiñans, percorre Cambados para ensinar en tempo "record" este idílico e paradisíaco destino turístico, parte dos visitantes que optan por esta vía para visitar a nosa vila, poden percibir como percibo eu unha serie de sensacións que deixan moito que desexar. Baixando no tren pola Rúa Príncipe , sobre todo na festa do Albariño, un cheiro a rancio provinte das cociñas dos charanguiños que para tal evento  foron instaladas. Tendo un pouco de sorte o cheiro que non poderán percibir cando fan Stop fronte a un dos emblemáticos dos dous piornos que ten o noso concello a veira do mar, é o desagradable “perfume” da caneira que alí arría lastre cando o idílico e paradisíaco destino turístico está moi saturado , sobre todo si chove.
Chegando altura  da casa do mar hai unha pequena praia, que é o cagadoiro de tódolos cans que pasean cos seus donos, que viven no centro da nosa vila, ademais de estar a devandita praia permanentemente todo o ano ateigada de algas e de toda clase de obxectos que o mar trae periodicamente para terra. Ben desgraciadamente  ese é o lamentábel estado no que se atopan os poucos areais dos que ten Cambados para darse un baño, incluída a Torre  de San Sadurniño que parece a cabeza rapada dun "skinhead". Na súa parte esquerda ten a herba duns cincuenta cms de altura, despois nun pequeno tramo está cortada a ras de terra, noutro tramo volve a estar con 50 cms., para o resto da illa estar a ras de terra, todo isto no mes mais turístico do ano.

Seguindo o percorrido no tren, entramos no “Paseo das Banrandillas” de Inox – antes de ferro – famoso polo desgrazado accidentes dun coñecido personaxe cambadés da decadente farándula dos oitenta cando ía lastrado de alcohol nun dos seus lexendarios días  de algadeira troula. Rompeu a deteriorada “barandilla”, espichándose de cabeza  no mar, a raíz do accidente puxéronas de aceiro.
A veira deste famoso paseo pasa o tren. Vemos as flores e plantas que conteñen os seus "maceteiros" e da a impresión que dende que se inaugurou o faraónico paseo non lle tocaron nin as cambiaron. Algún dos "maceteiros" só ten herba.
Digo faraónico paseo, polo seu inflado custo naquel tempo, cando os fondos europeos eran gastados por unha vil casta política. Daqueles fungos agora veñen estes lodos.
Chegando o tren a altura do Pazo de Monte Sacro, se o tren chega cedo, as veces encontrarase coa desagradable sorpresa para moitos de escoita misa aínda que non queira, pois as “inocentes” irmanciñas da caridade, ábrenlle decibelios o equipo de son cos seus estridentes alto falantes que teñen no recinto, adoutrinando irremediablemente , quéiralo ou non.
Se lle queres sacar unha foto o Pazo, indo camiñando polo entorno, atoparaste  cunha grave falta que comente o Concello contra a Lei do “ornato”. Un gran "cartelón" informativo, de aproximadamente catro ou cinco metros cadrados, subidos en dous ferros  a nada desprezábel altura da estrada, tapando así parte  dunha bonita perspectiva fotográfica do Pazo. "Cartelón" da ínclita deputación de Pontevedra anunciando un plan  que custou a nada desprezábel cantidade de 30.000 euros na Rúa Narciso Pérez de San Tomé, por cambiar dúas ou tres ducias de farois, ¿Que lle vamos a facer!, pequeno "pelotazo" a pequeno "pelotazo", vaise enchendo o peto.
Se seguímola ruta a pe verémola torre e un pequeno paso da Ribeira de mouta, no seu percorrido observaremos as papeleiras case sempre cheas, no remate do paseo, cara a terra,  veremos un edificio en ruínas que sen dúbida realza o idílico entorno, obra dun sátrapa ex alcalde de Cambados, pola súa nefasta xestión a fronte do concello, cando gobernaba o bipartito na Xunta. 
Remata o tren a súa andaina nas ruínas de Santa Mariña, no monte da Pastora, os turistas soben o miradoiro e o que alí se atopan son papeleiras  cheas de lixo, asadeiros esnaquizados, as mesas dos merendeiros pintadas, na ruta de sendeirismo, a maior parte dos indicadores están roto ou desaparecidos, os poucos que seguen fican perdidos en predios privados de particulares, ou nun paseo de madeira na xunqueira que remata nun frondoso piñeiral sen referencia algunha. Os marxes do rio ata a Ponte de Castrelo son picadeiros incontrolados sementados de botes de bebidas e usados preservativos, que preservan todo menos a natureza. As árbores de nova plantacións estás secas, as bancadas de madeira que se colocaron  fai un ano por dentro do valado xa non se ven agochados detrás de abundante vexetacións. Este é o idílico e paradisíaco destino turístico que vende o noso alcalde  en tódolos foros que pisa.
MARTIN COBAS,  TROVADOR DOUTRO SECULO

PODES VER FOTOGRAFICAMENTE TODO O PASEO DE "MARTIN COBAS" NA SEGUINTE REPORTAXE FOTOGRÁFICA: 

IDILICO DESTINO TURÍSTICO

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Boisima reportaxe,si señor,esperemos que tamen se de algun paseo polas parroquias e faga algo parecido,este home sae e documentarse,con como algun que so denuncia por oidas e cando lle din e copia e pega as queixas de outros.APRENDE DE ESTE HOME CHON.

Anónimo dixo...

Vos si que vendedes ben o pueblo. Hai que joderse. Eu non son de Cambados, pero como si o fora. E non sei a quen lle preguntades pero as opinions que eu oio de Cambados son moi distintas as que dades vos. En todos os pueblos hai cheiros indeseables, e fallos sobre todo durante unha festa como a do albariño. Digo eu que o señor inclito alcalde como vos o chamades non tera a culpa de que haia tanto porco mexando aqui e ala polas esquinas como se fosen cans. E iso non o fan solo durante o albariño. Os fins de semana igual, como si nos pubs e nas discotecas cobraran por usar os wc. De todos e todas depende que o pobo este mais limpo, usando papeleras e contenedores. E dos servicios de limpeza recoller cando estan cheos. E Cambados e un pueblo precioso se mire por donde se mire.