21 de ago. de 2012

A COMISIÓN DE FESTAS DAS ANGUSTIAS PIDE A NOSA COLABORACION

O ano pasado grazas entre outros a Manolo do Floristeria Tabaiba da Rúa Sevilla de Fefiñans, recuperouse unha festa que xa levaba preto de 20 anos sen facerse, a da Virxe das Angustias, típica do barrio trianero de Fefiñans. Pois ben,  a Comisión de festas pide a colaboración de todos os
cambadeses no senso de que todo aquel que teña algo de prata na casa e non  a use ou queira donala a deixe na Floristeria Tabaiba antes referida, xa que este ano a Comisión quere facerlle unha nova  coroa a Virxe, porque este ano volve a haber festa , pero polo pouco que sei non só vai haber festa relixiosa senón que tamén pola noite  va haber troula, pero xa nos irá informando a Comisión máis para adiante. A Virxe das Angustias, que tamén sae como paso na Semana Santa, ten a peculiaridade de que é portada por mais de vinte mulleres de tódalas idades. De momento o que queira colaborar xa sabe que pase pola florsiteria de Manolo.

Ningún comentario: