22 de ago. de 2012

O CONCELLO PECHA O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DO POMBAL DOUS DIAS POLA VOLTA CICLISTA

A PERSONA QUE NO LO COMUNICA TAMÉN DENUNCIA DEFICIENCIAS NA PISICNA.
Un amigo do facebook, remitenos a seguinte queixa  que publicamos tal cual:
"""Non se se o sabes, pero che comento isto por que onte o fixeron publico e paréceme vergoñoso.
Debido á celebración da etapa da volta ciclista o próximo 29 de agosto, as instalacións deportivas municipais do Pombal, ou sexa as únicas que hai neste concello, permanecerán pechadas ao publico o 28 pola tarde e o 29 todo o día, ao meu persoalmente non me parece mal que unha etapa da volta salga desde cambados, o que me parece triste, é que por culpa dun evento deportivo non se poida practicar deporte. 
A escusa que me deron na piscina é que a zona permanecerá pechada ao publico por que van instalar alí os equipos as súas carpas e camións e que o concello obrígalles a pechar, eu presente unha queixa na piscina, por que desde a miña residencia a efectos de padrón municipal, Rua pombal 52, e o acceso á piscina, apenas hai 50 metros, e comprendo que non se poida acceder en coche, pero se pode deixar un corredor dun metro para que a xente poida pasar andando, ademais non é lóxico pechar nunhas datas onde as instalacións deportivas estanse utilizando continuamente, xa que moitos clubs deportivos atópanse en plena pretemporada.
Mañá penso presentar unha queixa por escrito no rexistro do concello e solicitar que se repare as baldosas caídas no baseo, xa que non cumpre a normativa sanitaria do 89, xa que nunha parede da piscina non hai baldosas, e o cemento dá ao auga, ademas de haber baldosa soltas nas que che podes cortar coas arestas, e como seguro que tampouco me farán caso, penso presentar outro escrito á Conselleria de Sanidade para que inspeccionen a piscina, xa que son estes os encargados de inspeccionar as piscinas e sancionar en caso de non cumprir as medidas sanitarias obrigatorias, sendo a sanción mínima 600 ?.
O mais triste de todo é que a zona na que caen as baldosas é onde tiveron que ampliar a piscina, por que inicialmente media 24,90 e os nenos do club de natación non podían competir, iso se que é unha chapuza!!! Facer unha piscina sen medir para ver se esta correcta. Ademais a concesionaria xa lle pediu varias veces ao concello que arranxase a piscina o contratista que fixo mal a reforma e tanto o concello como o contratista néganse a reparala, segundo dixéronme os traballadores da piscina.
Cóntoche isto por que me atopo indignado e anímoche a que se podes pases pola piscina e vexas o que che comento e se podedes sacalo no próximo pleno a ver se así o arranxan.
Un saúdo."""

5 comentarios:

Anónimo dixo...

QUE TENDRÁ QUE VER A VOLTA CICLISTA CO PABELLÓN, ESTOS QUE NOS ESTÁN A DESGOBERNAR NON SABEN DONDE TEÑEN A MAN DEREITA(mais ben a esquerda). TEN TODA RAZÓN DO MUNDO A QUEIXARSE ESTA PERSOA, EU SON TESTIGO DAS DEFICENCIAS EN CUESTIÓN SANITARIA DAS INSTALACIÓNS, DENDE OS VESTIARIOS HASTA AS DUCHAS PASANDO POR PISCINA ETC. ETC.FALARON QUE O VERÁN PASADO IBAN ARRANCHAR A PISCINA, E AQUÍ OS CARTOS SON PARA JULIOS, ESCOBARES E ALGÚN QUE OUTRO XANTAR EN DONDE OS CARTOS NON IMPORTAN. ANIMO, FAI FALTA XENTE ASÍ QUE DENUNCIE TANTA INCOMPETENCIA DOS NOSOS MANDAMASES.

Anónimo dixo...

Decreto 103/2005, del 6 de Mayo, por el que se establece la reglamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo...
...Art 5.4
El fondo y las paredes estarán revestidos de materiales lisos y antideslizantes, impermeables y resistentes a agentes químicos, de color claro y fácil limpieza y desinfección. No se utilizaran revestimientos que puedan provocar accidentes o sean antihigiénicos...
A PISCINA DE CAMBADOS NON CUMPLE AS NORMAS SANITARIAS MÍNIMAS EXIXIDAS POR LEI, COA COMPLICIDADE DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE

Anónimo dixo...

Pois entonces todos os pais e nais que levan ahi os seus fillos son uns irresponsables. E non son poucos. Me dixeron que media illa de arousa tamen trae aqui os seus fillos a piscina. Ou sexa que mira que hai irresponsables no mundo....cando podian tranquilamente non levar os fillos e facerlle un vacio a piscina que e de pago e non e obligatorio. E ainda asi...tan mal non estara. Sempre se pode mellorar en todo en eso estou de acordo.

Anónimo dixo...

Asi que a piscina teña deficiencias e culpa dos usuarios, e son uns irresponsables por ir ali a facer deporte, manda carallo, si algo se estropea teno que arreglar o dono, que a piscina por que teña socios que paguen para poder ir, non e a Cultural nin a Cofradia, son instalacions publicas municipais, e que ten que arranxar o concello, pero en cambados hai cartos para arranxar a Cofradia e a Cultural sendo instalacions privadas, pero a piscina non, por que e MUNICIPAL. E que digas que inda asi... Tan mal non estara, e que che contaron que vai xente da illa, polo menos vai a ver como esta e que non che teñan que contar as cousas para opinar, que fácil e falar por oídas, os do PP sodes todos iguais, sempre falades polo que vos din ou polo que vos mandan dicir, si tes un pouco de vergoña e personalidad vai a ver como están as instalacions MUNICIPAIS e despois opina.

Anónimo dixo...

Cando se le un comentario hai que leelo ben. O que eu digo e que si a piscina estuvera tan mal, nadie levaria ali os fillos. I eu a primeira. E por suposto non din a entender en ningun momento que a tuveran que arreglar os usuarios. Eu vou por ali moito, porque vou levar os nenos. E son da illa. Aqui nin siquiera temos, e prometer prometerona. Asi que ...Tampouco puxen o meu numero de socia do PP,jjaja. Si leedes o queredes e como vos da a gana. E mentras aqui (na illa) non teñamos piscina eu seguirei levando ahi os nenos.