Este é o inicial. Saída do parque das palmeiras (en fronte ao Concello) en dirección ao Espigón de Tragove para retornar de novo ao punto inicial. Teñen que facer este recorrido mais curto entre as 12.00 e as 16.00 do sábado para evitar a zona
do mercado cambadés.
do mercado cambadés.
A partires das 16.00 do sábado e hasta o domingo ás 12.00 este será o percorrido: nun extremo remata no fin do Paseo Marítimo de Santomé, xusto onde comeza a estrada que leva ao peirao de Santomé, e no outro extremo remata novamente no fin do Espigón de Tragove, xusto onde comeza a estreitarse o espigón ( non se chegara ate o final xa que non ten a anchura suficiente para que corrades cómodos.)
AVISO: estes percorridos aínda está pendentes de aprobación por parte do concello de cambados e portos de galicia polo que pode ser que aínda teñamos que modificar algunha cousiña. as solicitudes xa están entregadas!!!!
NON METAS A TODOS OS POLÍTICOS NO MESMO SACO CUCA, CANDO XENERALIZAS COMETES UNHA INXUSTIZA.
Tiven a delicadeza de ver completo o programa no que estivo Cuca da Silva en Vía Televisión e a verdade é que estou completamente da cordo en todas as súas reivindicacións pero non estou dacordo que meta a todos os políticos no mesmo saco dito con todo respecto e admiración que lle profeso a dificilisima labor que está a facer . Nese programa que versaba entre outras ousas sobre os recortes sociais principalmente os mais necesitados, tiven a oportunidade de escoitar con atención certas frases de Cuca que reproduzo a continuación: “Tódolos días nos levantamos con situacións terribles”, “Estamos moi indignados”, “Os nosos políticos non están facendo nada”, “O único que saben facer é recortar e recortar”, “Había que poñer a moitos políticos na nosa pel”, “Temos a sensación que non hai planificación”,”gran incomprensión”, “que lle espera os nosos nenos cando nos faltemos”, “Hai que respectar a decisión de cada familia, do contrario é unha tiranía”, “cos tremendos recortes que estamos a sufrir pasamos un calvario a familia, son constantes as cambadelas que nos pon a administración”,”Se recortaron en profesores” e fin e outras frases polo estilo coas cales estou completamente dacordo pero a que mais me sorprendeu foi “Nunca falo de partidos políticos”, pero Cuca si todo o que dixeches no programa é política ou estas falar do mal que o fai un partido politico sen nomealo, neste caso o PP.
Eu a veces non comprendo como non nos deixamos de eufemismos e lle chamamos as cousas polo seu nome, aquí e agora Cuca, hai uns responsables e eses, gusteche ou non, teñen nomes e apelidos e son todos do mesmo partido, do PP, as cousas hai que chamalas polo seu nome e de maior a menor os responsables da desfeita que denuncias son Mariano Rajoy, Feijoo, Louzan e Aragunde, . Estes son os verdadeiros responsables desta desfeita que denuncias e tamén enoxa que nos metas a todos no mesmo saco porque non sei si o sabes os concelleiros da oposición ningún cobramos un peso e os do goberno si, Aragunde cobra mais de 3.000 euros fora dietas, locomocións e gastos de representación o mes e os demais nin che conto, a eles teslle que pedir explicacións os demais estamos contigo a partir dun ril. A mellor recompensa o teu traballo Cuca é que o PP non fixera recortes en materia social, é mais debia de incrementar as axudas. Adiante e parabéns polo teu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario