10 de ago. de 2012

VII ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN CAMBADOS.

Cambados converterase novamente  en lugar de encontro para  preto de duascentas palilleiras de todo estado español. A agrupación que existe no municipio é a organizadora deste certame que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de agosto, nos
xardíns do pazo de Torrado. Alí poderase ver a forma na que elaboran os seus labores estas artistas dos “palillos”. 
A iniciativa xurdiu da agrupación de palilleiras que existe en Cambados, na que reciben clases veciñas de toda a comarca arousá.Foron  invitadas a participar en palilladas doutras agrupacións e, a cambio, decidiron  invitalas tamén a Cambados. Para organizar este certame contaran coa colaboración de moitos dos establecementos comerciais da localidade, que as axudaran a financiar esta iniciativa. 
Desde Zamora, León, Coruña e Cedeira chegarán as palilleiras que visitarán Cambados. Todas elas mostrarán, xunto coas cambadesas, o seu labor na carpa que está instalada no pazo de Torrado. 
A cita será, como diciamos,  o vindeiro domingo, 12 de agosto. As participantes neste encontro comezarán a chegar ao municipio ao redor das dez da mañá. O mediodia, as organizadoras prepararon unha comida á que asistirán todas as palilleiras que se acheguen a Cambados. Durante o xantar, entregaráselles un agasallo para agradecer a súa participación. Xa pola tarde, a partir das catro, poderalas ver palillando nos xardíns de Torrado. Tarefa que realizarán sen descanso ata as oito da tarde. No lugar instalarase tamén unha pequena mostra cos seus traballos.
  Agrupación de Palilleiras de Cambados Teléfono de Contacto: 986.521.069 630.460.378 



Ningún comentario: