14 de set. de 2012

A UNICA CANDIDATURA NACIONALISTA DE GALICIA LEVA A CAMBADESA MONTSE PRADO DE NÚMERO 3 POR PONTEVEDRA.

Os militantes do BNG na comarca do Salnés fomos convocados onte á noite para a celebración dunha asemblea onde se someteu a aprobación a candidatura pola provincia de Pontevedra e que tivo o visto e prace da
executiva nacional. Integran a lista tres mulleres da comarca. Unha delas, Montserrat Prado Cores, de Cambados, ocupa o número tres, posto que celebramos os seus compañeiros de agrupación. 
As outras dúas mulleres do Salnés que participan na candidatura nacionalista son a sindicalista Rosa Abuín, de Vilagarcía de Arousa, e Vitoria Canoura Leira, do Grove, e membro do consello comarcal do BNG. 
A candidatura, como xa se avanzou, está encabezada polo vigués Carlos Aymerich Cano, deputado e membro da executiva nacional, seguido tamén de Carme Adán, tamén da cidade olívica, que ademais repite na lista ao Parlamento de Galicia. 
A número tres é Montserrat Prado, que foi delegada provincial da Consellería de Industria na época do bipartito e agora é membro da executiva nacional. O número 4 é ocupado polo concelleiro de Pontevedra Luís Bará, seguido de Daniel Rodas, concelleiro en Moaña. O sexto posto ocúpao a sindicalista e escritora Marta Dacosta, de Gondomar. Pedro Pereira, responsable comarcal do Condado, participa co posto número 7. 
En oitavo lugar está Mar Vila López, representante da Estrada-Deza, portavoz municipal de Dozón e membro da plataforma contra a incineradora do Irixo. José Manuel Méndez, responsable comarcal de Baixo Miño ocupa o noveno posto, seguido de Iria Aboi, de Galiza Nova en Marín. Tamén da agrupación xuvenil, en Vigo, é o número 11, Xesús López Carreira. 
O posto 12 é para a vilagarciá Rosa Abuín, seguida de Xosé Ignacio Fernández Zárraga de Caldas; Patricia Rodríguez Mariño, do Condado; Xosé Magariños, da Estrada; Margarita Caldas, de Poio, Francisco Ferreira, de Moaña; Cecilia Pérez, de Redondela; Manuel González, de Vigo; e Vitoria Canoura do Grove.
O BNG é a unica candidatura nacioalista que se presenta nas vindeiras eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro.

Ningún comentario: