13 de set. de 2012

BLAS CHARLIN, UN HEROE BAÑADO DE MODESTIA

Son poucos os mozos de Cambados que non coñecen a Blas Charlin, un rapaz que nace nas categorías base do Club Juventud Cambados, pasando por todas as categorías incluído
o desaparecido Club Juventud Cambados B, no cal tiven a sorte en condición de delegado de compartir con el  toda unha tempada. Blas é todo un exemplo de modestia e de boa educación “ de casta lle ven o galgo”. 
 E como se fora unha cousa que fai todos os días non lle deu importancia ningunha salvar a vida dun neno de 14 anos Alex Meira xogador do Salgueiriños que adestraban  preto de  onde él  o estaba a facer na súa condición de adestrador do Pontevedra Xuvenil B, e circunstancia ou casualidade foi a que fixo que Blas Charlin  que tiña o que moitos descoñecían o que era pero que case que saltou a fama estes días,  unha “cánula de Guedel”, na súa mochila coa cal , el  axudado en parte polo adestrador do Salgueiriños cadete Pablo Pérez salváronlle a vida o devandito Alex, o resto da historia xa coñecedes todos por que saíu na prensa , sendo Blas portada da “Voz de Galicia”. Onte tiven o pracer de escoitar a Blas en Radio Arousa restando toda importancia a súa fazaña.  Os seus xogadores saben xa da súa sapiencia futbolística a agora tamén poderán presumir dos seus coñecementos médicos, e nos os cambadeses podemos presumir  de ter un gran tipo entre nos. Parabéns a Alex sobre todo,  e o que lle desexamos unha pronta recuperación,  e por suposto  a Blas.


Ningún comentario: