13 de set. de 2012

O CONCELLO PRIVATIZA O CONSERVATORIO PRESENTAMENTE SEN CONSULTAR OS PAIS

 Cabe a posibilidade bastante fundada de que o Concello de Cambados, privatizou o conservatorio municipal presuntamente as costas dos pais, quen segundo algún nos comenta non lle comunicaron absolutamente nada, de todos os
xeitos o BNG de Cambados por medio do seu voceiro Victor Caamaño ven de presentar un escrito, que fica publicado no seu blog no que entre outras cousas di que entre as resolucións da alcaldía que se facilitaron aos grupos políticos  no último pleno, aparecen unha asinada o día 6 de agosto relativa á privatización da xestión da Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental que ata o de agora viña dependendo da xestión municipal, polo que ven de solicitar da Alcaldia  que se respondan ás seguintes preguntas:
1.- Cal é a causa pola que se privatiza a xestión da Escola Municipal de Música e Conservatorio Elemental?
2.- Consultouse, previamente, a decisión da privatización co profesorado da Escola e Conservatorio? E coa ANPA ou cos representantes de pais e nais de alumnos/as? En caso afirmativo, cal foi a opinión de profesionais e pais e nais? En caso negativo respóndase o por que ambos sectores no foron consultados.
3.- Que vantaxes terrá a privatización deste servizo para:
* concello?
* mellora do funcionamento da Escola e Conservatorio?
* mellora do servizo que recibirán os/as usuarios/as?

Ningún comentario: