A “Plataforma non á masacre de cans en Pontevedra” deu data e forma á súa primeira concentración contra o servizo provincial de recollida de cans da Deputación. Será o próximo
día 21 de setembro , ás nove da noite, ante a sede desta institución e emularán un velorio.
día 21 de setembro , ás nove da noite, ante a sede desta institución e emularán un velorio.
A presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, Olga Costa, que capitaneou este movemento formado por 14 protectoras da provincia, explicou onte que seguen solicitando apoios para a súa causa. Así, non só entraron en contacto con organizacións de Europa para chegar ao Parlamento, tamén se reuniron cos partidos nacionais e, segundo ela, o BNG e o PSOE cambadeses apóianlles.
Costa reiterou unha vez máis que o servizo provincial de recollida de animais “é inviable”. Recordou que a proposta presentada pola súa asociación para xestionalo era mais barata. “O primeiro ano funcionaríase con 130.000 euros, o segundo con 60.000 euros e o terceiro sería autofinanciable”, explicou. Por contra, a Deputación ten previsto un orzamento de 200.000 euros, dos cales, 20 céntimos de euro sairían das súas arcas, e outros 30 céntimos das dos concellos que se adhiran, que xa son uns cantos. “A nosa proposta é moito máis barata, non hai porqué gastar o diñeiro. Ademais, realizamos un labor social e de educación ás novas xeracións para evitar o abandono. Pero non sabemos que intereses hai por detrás para que rexeiten a nosa”, engadiu a cambadesa.
Nesta mesma liña, Costa indicou que o proxecto da institución provincial non contempla, polo menos non no convenio marco que están subscribindo os concellos, as campañas de adopción, nin de sensibilización para evitar o abandono, entre outras.
De primeiras, asinaron un escrito de repulsa e manifestaranse, o próximo será tomar a vía xudicial como fixeron contra a Mancomunidade do Salnés.
A Plataforma está composta por Asociación protectora de animales de Vilagarcia, Refugio de animales de Cambados, Os Palleiros, Acopo, Amigos da Canceira de Poio,Asociación protectora de animales de Marin, Difusión Felina, Adopciones Galicia, Asociación protectora de animais de Porriño, Proyecto Gato, Os Biosbardos, Animales sin fronteras, Adopta Galicia Animal, Libera Animal e persoas anónimas que respetan a vida dos animais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario