30 de set. de 2012

"BOTAR UN POLVO" CAL É A PROCEDENCIA DESTA FAMOSA FRASE?

A historia do "BOTAR UN POLVO", para que faledes con propiedade provén das altas alcurnias,  como soa... 
Din que non é bo deitarse sen saber algo novo, así que vou achegar o meu graniño de "sabedoría" cun pouco de cultura popular.
 
Aclároche, a orixe da frase "botar un polvo" data dos felices anos 20, uns anos máxicos. España non se meteu na guerra mundial e tivo unha post guerra moi feliz.. 
Os españois, para variar, coñeceron o hedonismo, a boa vida e a consecuencia incrementouse o vicio do tabaco inhalado (o celebre rapé). Todos os homes que se prezaban de elegantes levaban no seu peto un bonito recipiente, unha caixiña,onde había po (polvo) de tabaco (rapé) que se intercambiaba como signo de cortesía queres botar un polvo? 
Pero como era de mala educación inhalar perante señoras, os homes saían do salón, coa escusa de botarse un “polvo”. Pero moitas veces a ausencia do salón, non era exactamente para inhalar rapé senón para ter un encontro con algunha damisela nas habitacións altas que tiñan todas as casas de "boa familia". O cabaleiro ausentábase dicindo: "Vou botar un polvo" e perdíase polas habitacións, onde se atopaba co seu amante para un encontro sexual. 
Sabialo? 


1 comentario:

Anónimo dixo...

Agora dise "vou a estar con fulano para arranchar o país" .Antes eran mais honrados coas parellas xa que non lle mentían. ESTÁ BEN A ANÉCDOTA