30 de set. de 2012

INAUGURASE A PRAZA AROUSA COA PRESENCIA DE MEDIOS PERO NON DE AUTORIDADES.

A empresa adxudicataria CCS, a única empresa válida para traballar en Cambados polo que se ve ultimamente xa que Aragunde adxudicalle  case todas as obras a esta empresa
( pero me imaxino que xa sabedes todos porque é),  acaba de terminar as obras de acondicionamento da Praza Arousa, en Fefiñáns, que contou cun investimento de 49.792 euros, financiados nun 70% pola Xunta con fondos Feder (34.855 euros), mentres que o Concello achegou a cantidade restante.  Neste caso o que fixo Aragunde por medio do seu xefe de prensa foi avisar a todos os medios que a praza xa estaba lista pero el non salir na foto, para no ter problemas coa Xunta Electoral.
O proxecto aprobado polo Goberno local levou a adecuación e acondicionamento da chaira, o cal permitiu mellorar os servizos e o seu pavimento, que estaba deteriorado. Para levalo a cabo solicitouse unha subvención á Consellería de Presidencia, cunha parte con cargo a fondos europeos, que permitiu substituír o antigo formigón por outros materiais nobres, como a laxa de pedra e tacos de granito, dunha tipoloxía similar á empregada polo Concello noutras zonas do conxunto histórico. 
Tamén se procedeu a instalar unha rede separativa de augas pluviais e residuais -en tubaxe de PVC- para substituir a de formigón, en mal estado e que provocaba deficiencias no servizo e inundacións cada vez que chovia un pouco de mais, e non é a primeira nin a segunda vez que entreba auga nas casas. Os veciños estaban cansos de tantas inundacións. Esperemos que  despois do arreglo non volva a pasar. 
Doutra banda, a ver cando lle toca a quenda a Rua Rianxeria, que está mesmo a carón da mentada Praza xa que está feita un desastre e non foi moito poidemos por ela o trio calatraba  (Touris, Louzán e Aragunde). Aragunde coñece de primeira man xa que esta rúa estaba practicamente igual fai un ano cando pasou por ela a procesión das Angustias, Aragunde  volverá a este ano e ver o desastroso estado novamente co mesmo motivo o vindeiro domingo. O cacho onde se encontra peor a rúa está o pe da casa dos Zarate que data de 1826, ofrecendo un deplorabel aspecto.













Ningún comentario: