6 de set. de 2012

HOMENAXE OS TAMARA EN MEAÑO

O vindeiro domingo 9 de setembro A Banda Unión Musical de Meaño , acompañada de SITO SEDES, MIGUEL LADRÓN DE GUEVARA e PACO LODEIRO, xuntos homenaxearán o
gran grupo galego OS TAMARA. 
O repertorio será moi coñecido por todos, dende temas como “Mi Tierra Gallega”, pasando por “O Vello e o Sapo” ou o éxito “A Santiago Voy”.
Xurxo Souto será o encargado de presentar e conducir este grandioso espectáculo.
A organización espera e confia  que todos e todas gocen deste acontecemento irrepetible.
Os Tamara foi unha banda de pop formada en Noia (A Coruña,), que foi enormemente popular nos anos 60 e 70, facendo unha nova forma de música popular galega, incluíndo novas influencias do Soul e o Rock, arranxos audaces e moitas letras en galego, incluíndo poemas dos grandes escritores da lingua galega, cando naqueles tempos falar en galego estaba prohibido e mail visto. 

Ningún comentario: