POLO BNG DE CAMBADOS ESTIVERON OS TRES CONCELLEIROS DA CORPORACIÓN, POLO PP, NINGÚN.
Onte a “Plataforma contra a masacre de cans” deu toda unha lección de civismo e saber estar na manifestación convocada
perante a Deputación Provincias as 21 horas. Preto de 1000 persoas e 500 cans acudiron a chamada das asocaciacións que pertecen a plataforma.
perante a Deputación Provincias as 21 horas. Preto de 1000 persoas e 500 cans acudiron a chamada das asocaciacións que pertecen a plataforma.
Victor Caamaño, asinando a prol da Plataforma |
É unha das poucas veces que alguen ten o valor de presentarse diante da “casa” do todopoderoso Louzán e botarlle a un pulso a un home que ten todo o poder na provincia de Pontevedra e que non ten reparos en dicir tanto en público como en provido “a min os cans sudanma”. O protesta foi modelica, pacífica, leronse os oportunos manifestos e fixose unha cruz con velas en sinal de dor polos cans que van ser masacrados no futuro. As redes sociais son un clamor e incluso os artistas que apoian a plataforma estan a botar unha man dende elas. Entenden que este deixa vía libre ao sacrificio unha vez énchanse as instalacións de Armenteira (Meis), onde irán parar os animais abandonados.
Por outra banda, a Plataforma contra a masacre de cans en Pontevedra -composta por máis dunha decena de asociacións e colectivos de defensa animal-, incidiron en que o convenio incompatibiliza a actividade do floco provincial coa de distintos refuxios e protectoras, que deixarían de percibir a subvención polo servizo municipal.
O BNG de Cambados, segundo nos contan no seu blog, estivo presente coa a presenza dos tres concelleiros da formación encabezados por Victor Caamaño que estivo respaldado por Maria Xosé Cacabelos e Xaquin Charlin.
O que non entendemos é como certos medios achegados a Louzán e a Deputación, e refirome en concreto a popularmente coñecida como “folla parroquial”, din que habia cerca de 200 persoas, as fotos que podedes ver na columna da dereita amosan as claras que estaban mais cerca de chegar as mil que as duascentas. Esto non é seriedade informativa.
A proeocupación está a correr como regueiro de polvora por Galicia e o resto do estado español e así a o periodico ourensán “La Región”, ven de publicar que "Rafael Louzán aspira a monopolizar o servizo de floco na provincia impedindo que actúen entidades sen ánimo de lucro que levan décadas traballando en programas con cans e gatos e entregar o negocio a unha empresa privada. Así, todas as protectoras da provincia, 13 en total, veranse obrigadas a pechar as súas portas, porque non poderán ter convenios cos concellos, que agora mesmo lles ceden terreos, instalacións e ata lles apoian nalgúns casos.A Deputación pontevedresa deu un mes de prazo aos concellos para asinar o convenio co que se adhiren ao servizo e impide que teñan outro acordo con protectoras. Olga Costa, presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, recorda que a lei de protección animal é moi clara ao sinalar que este tipo de servizos só pódenos ofrecer protectoras, que na provincia son 13, e que ademais están exentas do concurso público por ser entidades sen ánimo de lucro dedicadas a este labor, ademais de estar nun rexistro público.Ante esta situación, as protectoras de animais da provincia uníronse para plantar cara conxuntamente ás pretensións de Louzán, e concertaron xa reunións con eurodiputados para levar este tema ao Parlamento Europeo. Ademais, recordan que, nun encontro que mantiveron co presidente da Deputación, este comentoulles: 'A min os cans súdanma'."
E eu preguntome, que vai facer o noso Alcalde Luis Aragunde, poñerse o lado do Refuxio de Animis ou poñerse o carón de Louzán. En breve sabremolo, dende logo na concentración no habia ningén concelleiro do PP de Cambados. O que si nos enteramos por diversos medios e que xente da Plataforma está a recibir presións coercitivas por parte de xente da Deputación Provincial.
2 comentarios:
A MIÑA PREOCUPACIÓN É QUE SI SE FAI ESTO COS CANS ¿ QUÉ SE PODERÍA OU DEBERÍA FACER COS PORCOS ENGREIDOS,PORCOS MISERABLES, PORCOS LADRÓNS..ETC.?
como pode decir un politico os cans sudanma,hay que respetar os ciudadanos que ñe teñen cariño os animales, si dixo eso eu chamoñe campeon do mundo dos maleducados, si foran muiños de fariña non cha sudaban quito
Publicar un comentario