21 de set. de 2012

NOVA EDICION DE “JAGUAI NA LANZADA”

Como cada ano despois do Verán...chegan as ondas e o "Jaguai na Lanzada"!!!!!!!!!!! Este ano a competición constará de 3 modalidades: Surf, Longboard e Bodyboard. Rescatan a modalidade de Bodyboard debido a que fai moito tempo que
non se celebra un campionato na Lanzada , e prescinden de Paddlesurf xa que no principio do ano xa realizaron unha competición. Aínda así invitan a toda a xente do Paddlesurf a acompañalos durante a competición e a participar desta festa do Surf. 
Esta é a lista de colaboradores sen os cales sería imposible realizar o evento: 
MISSION SURF SHOP, TSP-THE SURFEIROS PIRATAS, SNAPPERS SURF SHOP, ONDA WETSUITS, ZORLAK SURFBOARDS, KANNION SHOP, COCACOLA, CONCELLO DO GROVE, SURFGALICIA EXPERIENCE, PHOTOSURF-BRARDII.BLOGSPOT.COM, JULIANFOTOESTUDIO.COM 
Todos os xuíces da competición serán xuíces titulados pola FGS. 
O campionato levará a cabo o día 6 de Outubro desde as 08.00 da mañá ata as 20.00 da tarde. En caso de condicións desfavorables aprazarase a outra data. 
CATEGORÍAS: 
Surf Open 
Bodyboard Open 
Longboard Open 
Expression Session ( todas as categorías, un premio) 
INSCRICIÓNS: 
- Limitadas ata completar mangas: aprox. 32 surf, 24 bodyboard, 20 longboard 
-20 euros ( bocadillo e bebida) 
- Ata o día 5 ás 13.00 (non se aceptan inscricións na praia) 
- Nº de conta: NOVAGALICIABANCO 2080-5401-50-3000460071 
- IMPORTATE!!!!!!!!!!!!: Ao REALIZAR O INGRESO INDICAR: NOME E MODALIDADE 
PREMIOS: 
Trofeos e agasallos para os 4 primeiros de cada categoría 
Premio Expression Session 
Info: 
Sergio 638183315

Ningún comentario: