18 de set. de 2012

O GRUPO DO CAMBADÉS JOSE VILAS, “THE CORNELIUS” NUN MAGNO FESTIVAL DE ROCK EN SANTIAGO.

Vilas é o primeiro pola esquerda.

The Cornelius, o grupo no que milita o cambadés José Vilas lanzará antes de que termine o ano o seu terceiro álbum de estudo, que descubrirá a esencia máis fresca e natural do grupo. O disco que sucederá a Greatest Hits e
1960 presentarase en outubro e será o seu traballo máis persoal e coidado.
Os vindeiros días 28 e 29 de setembro estarán no festival “Music Way” que se vai celebrar en Santiago no recinto ferial de Amio. O grupo do noso paisano estará o sábado 29 de setembro  en compañía de “Herdeiros da Crus”
Durante os seus sete anos de existencia, traballaron coa xente da talla de Mike Glossop ou Tatsuya Sato. Entre disco e disco, tiveron tempo de facer xira por todo o país da man de Europa FM e Artistas en Ruta. tocaron con grupos como Morcheeba, Juliette Lewis ou Arcade Fire. O seu último logro? participar na ?Coca?Cola Music Experience? a través da cal gravaron un dos seus temas máis coñecidos: ?Everything?s all right?, que aínda soa como cabeceira de programas de TV e radio.
Unha banda con espírito de rock, influenciada por unha chea de vellos discos e sons pop contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías que saben vestir cunha elegancia abraiante.


Ningún comentario: