18 de set. de 2012

AXENCIA DE "DESPROTECCIÓN" DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

En Santiago, Sede administrativa autonomica por excelencia existe o que se chama a AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA que nos rebautizamos como
"AXENCIA DE DESPROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA" que como o seu propio nome indica deberia encargarse de precisamente protexer a legalidade urbanistica dos pobos do noso país, pero non é o caso, o BNG ven de presentar novo escrito que conten a contestación do anterior presentado, no que esta axencia nos reenvia novamente a alcaldía de Cambados, o escrito en cuestión di o seguinte: 

Os tres causantes do asunto do Pinal de Maza seguen sen
dimitir.
"Víctor Caamaño Rivas, e domicilio na Avenida de Galicia nº 94, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,
EXPÓN: que en relación co seu escrito de resposta recibido (nº de rexistro de saída 005729/10-09-2012) no que se resolve textualmente: “Dar traslado ao alcalde de Cambados da denuncia formulada por Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados, en relación coas obras consistentes na execución de movementos de terra, sen licenza urbanística municipal, no “Pinar de Maza” lugar de A Modia, parroquia de Vilariño, no termo municipal de Cambados, provincia de Pontevedra, co fin de que polo alcalde se adopten, no exercicio das súas competencias, tódalas medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no Capítulo III do Título VI da LOUG”, quero puntualizarlle unha serie de cuestións: 
Algún de vos podese creer que para facer todo isto
non fai falla ningunha licencia?
Que cando o BNG recorreu a Axencia Urbanística (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística), para denunciar este caso, foi precisamente porque desde o goberno municipal do PP no concello de Cambados estívose, en todo momento, dando cobertura á realización desta obra ilegal, pois entre os seus promotores están un concelleiro do PP e o, actualmente, ex-Delegado Territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia (por suposto, do mesmo partido político). Polo tanto se ata o de agora o concello non tomou as medidas oportunas para esixir a legalidade, neste caso, tampouco o fará cando lle chegue a súa petición. O concello neste asunto, non quere recoñecer o que lle resulta evidente a todo o mundo; non quere recoñecer que houbo un movemento de terras que implicaría unha previa licenza municipal que non existe (levamos agardando resposta a este asunto desde o mes de maio –a obra comezou en xaneiro-; achegámoslle con este escrito ás preguntas que o concello non está disposto a responder documentalmente) xa que ese movemento de terras implicaría un cambio de usos do solo non permitido pola lexislación para este caso. Como vostede é coñecedora, o tipo de solo no que se asenta o “Pinar de Maza” non permite, na situación presente, un cambio de usos (forestal a viñedo) polas razóns que se explicaron no escrito de denuncia e que vostede coñece perfectamente. Esta é a razón pola que desde o concello de Cambados non se quere oír falar do movemento de terras que foi necesario facer para transformar un bosque nunha plantación de albariño. Semella un despropósito que chegados a esta situación, onde a ilegalidade cometida polos promotores está consentida e amparada polo goberno municipal Cambados, agardar agora que sexa o alcalde o que esixa a legalidade da irregularidade amparada por el mesmo (pídeselle literalmente:”… polo alcalde se adopten, no exercicio das súas competencias, tódalas medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística…” ). Comprenda que esta situación semella ridícula pois se desde o concello se cometeron e ampararon irregularidades de xeito consciente e racional, agora non se recoñecerán e sancionarán simplemente como consecuencia do seu escrito; polo que
Touris rise dos que o votaron e mais dos que non o
votaron..
SOLICITA: que demostradas as irregularidades nas que incorren os propietarios das citadas parcelas neste caso, amparadas polo goberno municipal do Concello de Cambados, que actúen incoando o correspondente expediente sancionador ou, polo menos, que se aseguren de que o concello actúe abrindo o correspondente expediente sancionador (e que llo comuniquen ao que asina este escrito).
En Cambados a 14 de setembro de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SUBDIRECTOR DA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS
 Rúa dos Camiños da Vida s/n. – Ed. Witland
15781  Santiago de Compostela

O anecdótico e curioso do caso e que xa en en Maio o BNG dirixiese o noso Alcalde precisamente para iso, pero a finais de setembro Luis ainda "non tivo tempo para respostar" neste escrito Victor pedia o seguinte: 

"Víctor Caamaño Rivas, , portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en Cambados,
EXPÓN: que consultados, na última semana do pasado mes de abril, os expedientes nº 46/2012 (solicitado por Dismaterra SL) e  nº 81/2012 (solicitado por Cancelo CB) sobre movementos de terras para plantación de viñedos no Lugar denominado “Pinal de Maza” na Modia, Vilariño, o grupo municipal do BNG comprobou  que ditas obras, iniciadas a finais do mes de xaneiro deste ano, carecían de licenza municipal e dos perceptivos informes favorables doutros organismos autonómicos (Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra). Ademais, hai uns días nas citadas obras, presentouse á Policía Municipal de Cambados alertada polos veciños do lugar que se queixaban de que en ditas obras estaba a realizarse unha serie de operacións molestas que producían un intenso po branco que chegaba ás vivendas colindantes (tratábase posiblemente dunha calcificación dos citados terreos), razón pola cal
SOLICITA: que, desde a Alcaldía, se respondan as seguintes preguntas sobre ditas obras:
 1.- Teñen licenza municipal as obras (expediente nº 46/2012 e expediente nº 81/2012), de movemento de terras para  plantación de viñedos solicitadas por Dismaterra SL e por Cancelo CB, no lugar denominado “Pinal de Maza”, na Modia (Vilariño)?
2.- Contan, ditas obras, cos preceptivos informes favorables de organismos con competencia na materia: Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra?
3.- Encargou o concello algún tipo de estudo do lugar denominado “Pinal de Maza”, na Modia, que xustifique por razóns de interese público  (artº 94 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia) a modificación dunha zona de protección forestal, como a citada,  noutra de usos agrarios?
4.- Iniciou algún trámite o concello para proceder a unha modificación puntual das Normas Subsidiarias actualmente vixentes no espazo ocupado polo “Pinal de Maza”?
5.- Se estas obras no “Pinal de Maza” (expediente nº 46/2012 e expediente nº 81/2012) carecen de licenza municipal, ditou o concello orde de paralización das mesmas?
6.- Abriu o concello, se procede,  o correspondente expediente de legalización das mesmas?
7.- En caso de que non proceda a legalización das citadas obras, iniciou o concello o  expediente sancionador e de reposición ao estado en que estaban os terreos con anterioridade das actuacións ilegais que se fixeron no “Pinal de Maza”?
8.- Se a Policía Local de Cambados ten aberto algún atestado ou expediente por algunha  actuación irregular nas citadas obras? E, en caso afirmativo, o grupo municipal do BNG podería consultalo.
En Cambados a 25 de maio de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

Ningún comentario: