18 de set. de 2012

O CREMATORIO DE CANS DE LOUZAN SAE EN “EL PAIS”

Louzán o outro día acusou a chamada  “PLATAFORMA NON A MASACRE DE CANS” de coaccións porque dicia queren “un concurso especial da canceira de Meis” especial para eles  e dicia que o estaban a  presionar. Louzán trabucase por
enesima vez e o que vai facer, estamos seguros xa que é o que fai sempre” seguro que  a concesión da canceira vai ir “casualmente” ou a  unha“empresa desas que vos sabedes” esas que el non aparece pero está, ou a empresa dalgún amigo ou coñecido seu. 
O "crematorio de Louzán" xa está listo.
Estamos seguros de que a canceira vai gañar o contencioso porque ten toda a razón. “El Pais” fixose eco da nova sobre todo porque o vindeiro venres a Plataforma convocou unha magna manifestación precisamente diante da Deputación Provincial, as 21 horas.
Di “El País”: A canceira está pensada para 500 cans, e na provincia hai mais de 2.000. ¿Qué se vai facer cos 1500 restantes?. Empeza Olga Costa, responsable do Refuxio de Animais de Cambados, asociación liga estreitamente o orixen da canceira que teme unha “masacre” canina”.  Podes ler o artigo completo premendo AQUÍ.


Ningún comentario: