18 de set. de 2012

"TON" MOSTEIRO SUBCAMPIÓN DO TORNEO DE VETERANOS DO ALBARIÑO.

Resultados do XV Torneo do Albariño 2012 Categorias: Veteranos + 35 e Sub-16.
O Campeonato do Albariño 2012 nas categorías: Veteranos
+35 e Sub-16 celebrouse os días 14 e 15 de Setembro de 2012 nas Pistas do Complexo do Pombal en Cambados, coa organización do Club de Tenis Cambados e ó patrocinio do Concello de Cambados. Dita competición contou cunha grande participación de xogadores de Clubs de toda a Comunidad. 
LISTADO DE CAMPIÓNS E SUBCAMPIÓNS:
Veteranos +35:
Campión:                    Cesareo Valeiras (Carballiño).
Subcampión:               Antonio Mosteiro "Ton" (C. T Cambados)
Ton como todos sabedes aparte de manifestarse coma un gran tenista, tamén foi un gran xogador de futbol, chegando a militar na 3ª división no Cambados e no Club Deportivo Grove. E toda unha institución do futbol cambadés, e agora parece ser que tamén quere selo no Tenis.
Sub-16:
Campión:                      Manuel Colmeiro (Ureca).
Subcampión:                 Juan Falcón (C.T Cambados).
Agradecer a gran participación de xogadores de toda Galicia e ó Concello de Cambados polo seu apoio.


Ningún comentario: