5 de set. de 2012

"OS MEUS RIVAIS QUEREN REPARTIRSE O DIÑEIRO DA XUNTA", FEIJOO DIXIT.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou onte que os galegos deberán optar o 21 de outubro entre o seu Goberno, apoiado nun partido “estable” e dedicado a traballar co “escaso diñeiro que hai”, e outro de varias forzas políticas
máis preocupadas en “repartirse o diñeiro” entre elas. Así contrapuxo Feijóo, nunha entrevista o seu proxecto, o dun candidato “coñecido”, fronte a unha “alianza” de partidos que agora só queren que o PP non revalide a maioría absoluta e que se gobernan someterían toda a súa actuación aos “pactos nos despachos”.
O leer isto do impresentable e desaparecido presidente da Xunta de Galicia, a primeira frase que me veu a cabeza foi “PENSA O LADRÓN QUE TODOS SON DA SUA CONDICIÓN”. Este pensa que en politica todos están para facer o que fan os do seu partido “repartirse o diñeiro entre eles” e as probas me remito. Que está a facer Louzan na Deputación? Facerse multimillonario. Que está a facer Touris na Delegación? Facerse millonario. Que está a facer Aragunde no Concello?, facerse rico, e os tres entraron en politica  case que debendo cartos sobre todo Touris. E este elemento que temos como presidente da Xunta di que quenes queren levarse os cartos son os outros.  E sobre os pactos nos despachos que é o que fai Feijoo con Louzan, non pactar, senón abdicar ante Louzan que fai a lista que lle peta en Pontevedra o mesmo pasa con Baltar en Ourense. Feijoo ¡cágase! Perante estes dous dictadorzuelos.



Ningún comentario: