5 de set. de 2012

ROSA OUBIÑA PRESENTE NUNHA REUNIÓN SOBRE O MAL QUE LLE VAI O PP EN INTERNET

REUNENSE NUN CENTRO OFICIAL PARA TRATAR UN TEMA EXPRESO DO PP.
TODOS COBRANDO DO ERARIO PUBLICO PERO TRABALLANDO PARA O PP.
Un gabinete de crise para dar un envorco á campaña en Internet. Presidiuno o propio Alberto Núñez Feijóo en persoa, acompañado polo secretario xeral do PP, Afonso Rueda, e o equipo de comunicación da Xunta. 
E celebrouse o pasado xoves nunha sala de reunións do complexo administrativo de San Caetano en Santiago. Quen asistiron describen unha reunión inaudita: cargos do partido e do Goberno, incluídos os oito xefes de prensa das distintas consellerías, todos mesturados xunto ao secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia entre os que estaba tamén a cambadesa Rosa Oubiña. O propio Feijóo mostrou a súa enorme preocupación polo escaso peso dos postulados do PP en Internet e citou explicitamente os debates en redes sociais como Twitter e os foros de discusión que os xornais dixitais abren aos seus lectores.
O presidente da Xunta constatou que, tras analizar os comentarios en noticias publicadas pola prensa galega, a inmensa maioría eran contrarios á xestión dos Gobernos de Rajoy e Feijóo. Tras recriminar ás mocidades do PP a súa escasa implicación na Rede en favor dos intereses do partido, o presidente animou aos xefes de prensa da Xunta a envorcarse na campaña en Internet. Algunhas fontes interpretaron a intervención do presidente como unha crítica á política de comunicación do Goberno galego alegando que está demasiado centrada nos medios tradicionais. Outras testemuñas que acudiron á cita prefiren falar dun toque de atención, agora que aínda hai tempo para reaccionar nos case dous meses que quedan de campaña electoral .Pero todos coinciden na gravidade que o xefe do Executivo , quen ao longo da lexislatura só acudira un par de veces a esas reunións para coordinar a comunicación do Goberno,  concedeu a este tema. No encontro estiveron o xefe de prensa do PP e os asesores da Xunta máis próximos ao presidente.
Tras Feijóo tomou a palabra o conselleiro de Presidencia e secretario xeral do PP galego, Afonso Rueda, que tamén trazou un diagnóstico moi pesimista sobre o papel que está xogando o seu partido nas redes sociais. Segundo un asistente á reunión, Rueda asegurou: “Estannos vapuleando en Internet”. Aludía a belixerante resposta que están atopando en Twitter e tamén nos foros da Rede os recortes sociais do Goberno central e da Xunta. E á dianteira que, segundo a súa lectura, tomáronlle nesa batalla tanto os socialistas como o Bloque.
A chamada a redobrar esforzos na Rede tanto á militancia máis nova do partido como aos responsables de comunicación do Goberno produciuse na mesma semana do adianto electoral e despois de que a proposta para reducir deputados cunha fórmula que beneficiase ao PP na repartición de escanos recibise unha severa contestación en Internet. 
De fondo está a deterioración progresiva que acumulan esas siglas nas sondaxes e que se agrava cada semana que o Goberno central aproba medidas contrarias ao programa de Mariano RajoyA falta de recibir unha última enquisa que o partido encargou e que prevé ter lista a finais de mes, os estrategos populares sosteñen que o voto xuvenil pode decantar o resultado e que o camiño máis recto para chegar a eses votantes está en Internet.
 O propio Feijóo advertiu á dirección nacional do seu partido que o Goberno galego está no aire e que tanto pode mantelo con dous escanos de vantaxe como perdelo por un. Distintas voces no PP aseguran que se trata de escenificar a posibilidade dunha derrota para tratar de mobilizar aos desencantados que poden irse á abstención, pero a mayoria admite que esta vez a campaña pode ser decisiva. E o voto novo xógase en Internet
Así que de agora en diante prepararvos para unha ofensiva pepera en internet. 
Por certo como se celebra unha reuníon do PP nunha sede oficial da Xunta?
Como o vicepresidente Rueda traballa para o PP (director de campaña nas vindeiras eleccións) e cobra da Xunta?
Estas “carallos” pensan que todo é deles.


2 comentarios:

Unknown dixo...

Sinceramente NO creo que al Partido Popular le vaya mal en las redes sociales ni en internet.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Entón Angel non entendo para que se reuniron.