10 de set. de 2012

POR ENRIBA DO BEN E DO MAL (UN ARTIGO DE MARTIN COBAS)

Acabo de ler o artigo dun afamado escritor nun Blog de recente creación. É un artigo excelente na súa primeira parte, como non podía ser menos, saíndo dos privilexiados  miolos
de tan ilustre señor, agás algúns “pequenos” detalles que non calibrou na segunda parte do artigo.
Sempre rexeitei as xentes que creen que están por enriba do ben e do mal, dando xenerosas e gratuítas leccións de ética e estética o resto dos ignorantes mortais, mentes privilexiadas que ven pasar a vida, coas súas boas e malas vicisitudes, sen facer absolutamente nada para mellorala.
Mete a todos partidos políticos e os seus dirixentes no mesmo saco de fariña, sen apartar o relón. A Política é unha actividade nobre, e non todos os políticos son iguais, penso eu, ladróns e mala xente  haina en tódalas partes, incluso na política. A culpa de que as xeracións mellor preparadas emigren para fora – para min- é culpa das políticas  neoliberais que aplican nos seus respectivos gobernos dos dous partidos mais votados que defenden un capitalismo salvaxe que enchendo vai de  adoecida fama a todos os pobos e nacións do planeta.
É evidente que o sistema esta moi viciado, había que cambiar a lei  D´Hondt co seu equitativo e xusto reparto, irónicamente falando. Había que sacarlle as inmunidades das que gozan os políticos. Había que desfacer as redes "clientelares" que instauraron as deputacións con cartos públicos. Había que cambiar a constitución  que está en algúns dos seus artigos, caduca e trasnoitada, pero para iso fai falta o consenso dos tres cuartos da cámara dos deputados. Son os dous partidos maioritarios, pero a ningún deles lle ten conta.
Hai partidos políticos, que hai tempo demandan todo isto que acabamos de nomear, que queren que as riquezas dun país se distribuan aquitativamente, e que tamén queren autogoberno manexando os seus propios recursos e non queren espoliar nin ultraxar os seus nativos. E incluso algúns dos seus militantes, deron as súas vidas por el. E agora vai vostede e espétanos así con toda a cara dura, que ninguén revisa ningunha xestión. Que ningún pide contas e que a todos nos convén o adianto das eleccións. 
Perdoe que lle diga, Vostede non vive a realidade, a xente como vostede, que por desgraza para Galicia e moita, vive atrapada no seu mundiño persoal, o mellor cheo de excentricidades, retro alimentando o seu insaciábel ego persoal.
Pero por sorte para todos os mortais, hai máis mundos que vivir fora das súas privilexiadas cabezas e dos seus arredores persoais, cada  quen é un mundo que ten vida propia tendo irremediablemente que convivir con outras vidas semellantes.
Con todos meus respectos, siga Vostede creando mundo e vidas imaxinarias, inspirandose como non, neste desapiadado mundo, que con moi boa fe  algúns deses partidos defendemos para Vostede. E non ofenda a ninguén, hai xente en algún partido político que deixa a pel dia a dia sen cobrar un patacón para que, todos, incluído Vostede,  teñamos unha sociedade mais xusta e digna, dealle caña a quen teña que darlla, con artigos como o que escribiu en Asoblog e non se meta en camisas de once varas, medíndonos a todos polo mesma rapadoira, e a poder ser responsabilicémonos e non sexamos un dos 27.000 votos en branco que houbo nas derradeiras eleccións autonómicas. Por moi mal que o faga a esquerda, sempre será mellor que estar baixo o brazo espartano da retrógrada tiranía das políticas da dereita. O exemplo témolo hoxe na sociedade en que vivimos.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.



NOTA DA ADMINISTRACIÓN.- A publicación deste artigo non implica  estar en acordo ou desacordo co mesmo. 

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Amigo Martín, cos teus comentarios ¿non te estarás ti convertindo no que neste artigo estás a criticar en outros?

Algunhas das túas frases parecen estar "por riba do ben e do mal".

sds,

Maribel Iglesias dixo...

Martin Cobas concentra as túas enerxías en criticar a Feijóo que é o verdadeiro inimigo. Logo queixádesvos de que se vos marche xente do partido, se reaccionades así ás críticas! Por certo Martín Cobas é un pseudónimo?, pois non é moi elegante tirar a pedra e esconder a man, polo menos Caride dixo o que dixo a cara descuberta.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Querida Maribel: Evidentemente son coñecedor de quen é a persoa que escribe baixo o nome de Martin Cobas, da cal me fio completamente. Podo estar dacordo con él ou non nos artigos que escribe, de feito con algúns discrepo. Pero dicir que non elegante non me parece xusto, a rede está chea de anónimos, só un dos ou tres por cento dos comentarios dan o seu nome, pese a todo sexan criticos ou non eu publicos igual, agás insulten ou amenacen entón si que nos publico.
Tampouco a min me pareceu xusto que Ramón, do cal só teño que dicir cousas boas, que nos metera a todos no mesmo saco, a min personalmente non me pareceu xusto, porque eu, e ti o sabes, estou en politica por 0 €, Aragunde, Rosa Oubiña e Touris NON, hai unha pequena diferenza, non crees?. Unha aperta.
P.D. Tamén xa ten criticado a Feijoo, e moitas veces.

Anónimo dixo...

¿Agas que insulten ou amenacen?juas juas juas,e mais os que non che interesa publicar.E a ese home non lle replicas o porque de non dar o seu nome,no porque case sempre di o que che gusta oir,¿e fiaste completamente?como o da lonxa co elevador para a estatua do fraga non?que ese si que cha meteu torcida,¿ou segues a pensar que foi certo que usaron o elevador da lonxa?

Anónimo dixo...

Estou totalmente dacordo con Caride. Dixo o que pensa e reflectiu a voz acalada de moitas persoas. Fan falla aires novos para cambiar as cousas!!