10 de out. de 2012

LUIS ARAGUNDE CONVIRTESE EN “COMPLICÉ” DE TOURIS QUE NON TERÁ COMISIÓN……DE INVESTIGACION

Evindetemente  dende o BNG xa eran sabedores de que Luis Aragunde iba a “tapar” a actitude de Touris denunciada no Xulgado de Arzua na que segundo El Pais o acusaban de cobrar unha comisión de 9000 euros.
O alcalde Luis Aragunde informou de que non convocará dita comisión alegando que non a considera necesaria e invitou ao BNG a que se quere consultar cualquer dato fágao solicitando o expediente en cuestión nas oficinas municipais. Este Luis Aragunde debe pensar que os do BNG son parbos ou que os cambadeses chupanse o dedo. Quen ia a esperar que no expediente en cuestión constara de que Touris cobrara unha comisión, obviamente ninguén. Se tan claro ten Touris que non fixo nada como non fai como o exConselleiro Ricardo Varela e se autodenuncia na fiscalia correspondente e remata con toda clase de comentarios, pois seguramente non o fai por medo. 
O Bloque solicitou que se abrise unha investigación no Concello por mor das sospeitas sementadas a través dunha gravación que obra en poder da xuíza de Arzúa, na que se alude a que o ex alcalde e actual candidato do PP ao Parlamento galego, José Manuel Cores Tourís, tería cobrado, supostamente, 9.000 euros en concepto de comisión por parte da empresa Excamel S. L. Luis Aragunde reiterou hoxe a súa plena confianza no seu antecesor no cargo e restou credibilidade a unha gravación "de dous particulares que poden dicir ou que queiran", non Luisiño non non din o que queiran din o que presuntamente cobrou Touris. Parafraseando o dito famoso das meigas habialle que decir a Luisiño “Eu non creo nas comisións, pero haber hainas”.

A NOVA EN :
PONTEVEDRA VIVA
A VOZ DE GALICIA
FARO DE VIGO





2 comentarios:

Anónimo dixo...

Luis, que Luis, o que firma as obras para que cobren as comisións outros, " 9.000 para el de cabados, el alcalde, no, Touris"
Non lle vou chamar bulto por respeto o pobo de cambados por que inda que non o crean, é o alcalde de todos os Cambadeses, pero xa hai que ser Toma....

Anónimo dixo...

Cando algén protexe de esa maneira o seu antecesor no cargo e que AINDA NON GOBERNA e segue os dictados do seu mestre. Que pena Luis, a dignidade, o respeto e a honra non teñen valor, fai falta unha vida pa ganalas e un intre coma este para quedar co cú o aire.