10 de out. de 2012

XA ESTÁ A VENTA O LIBRO DE ACUARELAS DE EDUARDO BAAMONDE

"...Desde a miña bicicleta vin o pobo coma se fose a primeira  vez, descubrindo cada día novos detalles e puntos de vista.  Non só quixen representar encádrelos  máis emblemáticos e reproducidos de Cambados, senón tamén  a riqueza
patrimonial e paisaxística a partir de ángulos inéditos,  determinantes á hora de captar a súa verdadeira personalidade.  As casas mariñeiras, o porto, as embarcacións,  as palmeiras e os hórreos son tan suxestivos  como os pazos, as torres e as igrexas..." 
Pola súa beleza paisaxística, a monumentalidade do seu patrimonio  histórico e a riqueza da súa cultura, Cambados é unha das  localidades de maior atractivo turístico de Galicia en xeral,  e das Rías Baixas en particular. O artista plástico Eduardo  Baamonde escolleu 40 recunchos deste pobo para inmortalizarlos  coas súas acuarelas e compartir cos visitantes e coa propia  veciñanza unha mirada que vai máis aló da panorámica aberta  e do detalle, para captar a esencia da luz, a pedra e o mar. 
Baamonde enxalza a personalidade mariñeira de Cambados  con estampas que van desde os barcos no peirao de Tragove  ata as casas do barrio litoral de San Tome, enlazando  ademais coa faceta agraria dos viñedos de albariño que  tanta fama danlle a este municipio. 
A arquitectura tradicional,  relixiosa e civil ocupa unha parte importante deste caderno  de viaxe: hórreos e muíños, igrexas e pazos. Nestes últimos  destacan de xeito ineludible os de Fefiñáns, Torrado, Ulloa,  Montesacro e A Capitana. Tampouco faltan lugares emblemáticos  como o Museo Ramón Cabanillas e a Casa Vale Inclán,  dúas dos personaxes literarios vinculados a Cambados. 
Un libro que non só intenta namorar a retina, senón tamén  que o lector visual desta obra deixe o seu sinal anotando  impresións ou recordos nas páxinas con espazos en branco
- Temática: caderno de acuarelas para  percorrer Cambados. 
- Idade recomendada: a partir de 10 anos. 
-  Aspectos destacables: edición en castelán,  galego e inglés; espazos en branco para que  o lector ou visitante poida plasmar as súas  impresións; inclúe mapa-itinerario. 
Eduardo Baamonde  (Vilalba, 1962) Estudou Historia da Arte, Museología, e Artes e Oficios.  Desde 1988 traballa como profesor de Debuxo no  Ensino Medio. É autor e ilustrador de varios  libros infantís. Como pintor participou en máis de cincuenta mostras individuais e conseguiu diversos  galardóns, sobre todo na modalidade de Pintura  Rápida. Outra faceta da súa capacidade pictórica plásmase na realización de n> de gran formato. 
Debuxante infatigable, sempre sae á rúa acompañado dun caderno e unha pequena caixa de acuarelas. Como especialista nesta técnica, asistiu ao X  Festival deas Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais  (2006). Pola súa afección a facer apuntes de viaxe, colabora habitualmente na páxina Urban Sketchers. 
Foi finalista no III Certame de Libros de Viaxe  convocada por Geoplaneta (2011). Tamén publicou  varios libros neste formato, con debuxos que destacan os valores patrimoniais, paisaxísticos e culturais de Santiago, a Mariña de Lugo, o Val do Salnés,  O Grove ou Cambados. Foi seleccionado para expor  na XIII Biennale de Carné de Voyage de Clermont  Ferrand (2012).  Encadernado en cartoné. 19,5 x 16 cm. 48 páx. 14 €.  Edición en castelán, galego e inglés. Inclúe mapa-itinerario. 
ISBN 978-84-15250-40-1. Faktoría K de Libros. 


http://issuu.com/kalandraka.com/docs/cambados-c/8


Ningún comentario: