26 de out. de 2012

MANSO FILLO ADOPTIVO DE CAMBADOS. PRIMEIRA INTERVENCIÓN OFICIAL MIÑA NUN PLENO.

Onte por primeira vez tiven a ocasión como concelleiro do BNG de intervir nun pleno municipal e non puido ser nunha ocasión tan especial para min,  foi concretamente no pleno extraordinario para nomear a Manso, fillo adoptivo de Cambados, esta foi a miña alocución: 
“”A primeira vez que temos comunicación oficial do nomeamento de Salvador Cores Robado “Manso” como fillo adoptivo de
Cambados é o 22 de outubro no que a Policial Local nos notifica  a convocatoria para a asistencia a comisión informativa a celebrar o 24 de outubro e posteriormento para o pleno extraordinario do dia seguinte para o seu nomeamento. Onte na Comisión facemos constar en acta que o que si di na resolución respecto a Victor Caamaño non é certo xa que ningún lle notificou nada.  
Pero antes concretamente o día 30 de Agosto deste ano , a nova salta a prensa e Faro de Vigo publicaba con este titular “O concello de Cambados nomea  fillo adoptivo ó músico  “Salvador Cores “Manso” e o día seguinte podemos ler este titular “Luis Aragunde: Manso fixo moito por  Cambados, a menudo de forma altruista” e ademais no corpo da información  o Alcalde esgrimia unha serie  de merecementos de Manso, que este grupo non pon en dúbida en ningún momento”.  O que si poñemos en tela de xuizo son as formas, e sobre todo como se trata os demais grupos politicos  do concello e máis concretamente o BNG ., os cales  ignorase  perante unha decisión  que debería consensuarse previamente, non é  o caso, pero non me imaxino como deberia sentirse o homenaxeado con un ou mais grupos da oposición  que non están conformes con seu nomeamento, cando menos un tanto desagradable. 
Queria lembrarlle sen ir mais lonxe o noso Alcalde que no ano  1997, gobernando en Cambados Santiago Tirado do Partido Popular e con maioria absoluta, nomease fillo predilecto da vila o eminente Dr. Ramón Cacabelos, previamente o Alcalde ten a deferencia de chamar os voceiros da oposición  e facerlle saber o que ia acordar o grupo de goberno, antes de facelo público, consensuando todos eles o nomeamento , por suposto mais que merecido. Sendo o mesmo partido,m  hai dous formas distintas de tratar o tema, a nos parecenos máis lóxica, adecuada e educada, dende logo, a realizada por Santiago Tirado.
Perdoa Manso este inciso que ti nunca deberias haber oido.  
Teño a sorte de contar entre os meus amigos a Manso pero esta non é obviamente a razón pola que imos votar favor   senon os seus merecementos  propios que xa constan na resolución da alcaldía. Tiven a sorte de coñecer a Manso personalmente fai moitos  anos,  de pasar moitos nadales na sua  casa na compaña da sua familia e moitas outras festas,  e gozar da sua música en distintans formas e con diversos grupos e sempre levando o nome de Cambados por ahí adiante. Non é este o intre de alongarse na traxectoria civica e músical de Manso,  para iso xa se fará  cando corresponda, pero non queria esquecer neste acto a unha persoa  que agora non está entre nos e coido  tivo gran culpa deste nomeamento, pois se non fora ela , Manso probablemente non recalaria en Cambados, e non é outra que Fina a cal sempre terá un recordo no meu corazón. Imos votar a prol deste nomeamento e parabens Manso polo mesmo. Unha aperta. “”
A primeira parte de alocución o Alcalde non dixo nin pio e agora xa se atrave a mentir incluso nunha resolución da alcaldía, sen ruborizarse nada. “O que cala otorga”.

Ningún comentario: