26 de out. de 2012

UN DOS SECTORES PRODUCTIVOS DE CAMBADOS O GARETE POR DESIDIA DAS NOSAS AUTORIDADES.

OS RAÑEIROS O LIMITE. O ALCALDE LUIS ARAGUNDE NON SE ENTERA E BENITO GONZALEZ “FAISE DE COBAS”
Un dos sectores mais importantes e productivos
de Cambados, o do mar, e do que viven moitas  familias na nosa vila, que co do viño eran dos dous alicerces fundamentais do noso pobo, está en perigo de morte por desidia das nosas autoridades locais. 
Os rañeiros reunironse onte xoves cunha representación da conselleria para solicitarlle apoio económico ante a “baixa rendibilidade” do traballo. Os rañeiros presentaron  este xoves á Consellería do Mar un escrito  no que reclaman a súa implicación económica na “situación límite” que atravesa o sector marisqueiro, do que viven máis dun milleiro de familias na Ría de Arousa. As escasas capturas, acentuadas coa desaparición do berberecho nos Lombos do Ulla, e as cotizacións en lonxa polos chans traen de cabeza aos rañeiros cambadeses e arousáns, que ven como en moitos casos non lles resulta rendible saír a faenar. “Estamos sacando entre 25 e 30 euros brutos ao día, polo que ir ao mar xa nos custa 20 euros e estamos perdendo diñeiro. Non sei ata onde aguantaremos. O venres xa houbo xente que non foi a traballar polos baixos presos”, lamenta o vicepatrón de Cambados, Jesús Oubiña, pertecente o equigo de goberno do propio Benito González quen está “missing”, co cobra o mes que máis lle da a él.
Estes traballando a tope...
Oubiña acudiu onte á reunión que se celebrou en Carril. Alí  ao parecer solicitou unha entrevista urxente coa conselleira en funcións que está de viaxe “de vacacións” por Europa. O patrón maior de Rianxo, Baltasar Rodríguez, asegura que vai apoiar a proposta. “As confrarías e os mariscadores non somos a última carta da baralla. A cousa está moi mal. Poderíannos dar axudas directas ou ben pagarnos a metade da Seguridade Social. Creo que temos dereito”, expón Rodríguez,.A ameixa japónica mais barata está indo a 3,80 euros o kilo e mellor apenas pasa de 7, cando outros anos esta ameixa ia a 14 ou 15 euros o kilo. As políticas de axustes e de austeridade impulsadas polas administracións non minguan as expectativas dos depósitos arousáns para lograr compensacións económicas por parte da Xunta. “Estamos nunha situación límite pola baixa rendibilidade do noso traballo”, comentan desde a confraría cambadesa, quenes protestan coa boca pequena non se vaia a anoxar a conselleira con eles. 
...e estes comendo,  ou en Babia
Quenes si están dando o callo é a directiva dos rañeiros encabezados por Carlos Martinez, mentros outros están de viaxe sabe por Deus sabe onde. A reunión  nun principio foi convocada para realizar unha primeira valoración do inicio do libre marisqueo e revisar os topes de capturas fixados ao comezo da campaña extractiva. Mentras un dos sectores mais importantes do noso pobo está en crise total o noso Alcalde segue a celebrar  o triunfo do domingo do seu partido  e era precisamente nestes casos onde se ve a calidade dun alcalde, non botango fogos o día das eleccións,  e  o outro de viaxe, que mais lle dará a eles se lle caen do ceo, iso si cando veñan as eleccións a Confraria seguro que van ir xuntos polas casas como fai catro anos pedindolle o voto a xente “daquela maneira”.  Temos os dirixentes que nos merecemos.

Ningún comentario: