27 de out. de 2012

"DE PURA CEPA" CELEBRA O SAMAIN PORTODO O ALTO

De Pura Cepa e ún bar de viños e tapas que está na Rua Isabel II en intersección coa Rua Padre Peña (subida a parroquial), en pleno centro de Cambados, está rexentada por un rapaz de Castrelo que se chama Nico e que leva o negocio
na compaña da súa parella. 
Pois ben, de Pura Cepa proponos pasar un Samain por todo o alto con festa rachada, e así o vindeiro venres 2 de Novembro a partires  das 21.30 h. hai programadas varias actividades, primeiramente un concurso de disfraces , con premios para os tres mellores, consistentes o primeiro en un doble magnun Mencia  “martin Sarmiento” e unha botella Condes de albarei, o segundo un mágnun Rioxa Beronia e terceiro un magnum Rioxa Olagosa. Aparte asaranse castañas de maneira tradicional gratis para todos os asistentes e coa primeira consumición un “bocadiño” gratis (novidade da súa carta). E como toda festa galega que se precie haberá gaiteiros amenizando a velada , invitando a todos aqueles que queiran que veñan cos seus instrumentos.


Ningún comentario: