20 de out. de 2012

O VOTO DO MEDO

Mañan temos novamente eleccións no noso pobo e por ende no noso país. Son unhas elección importantisimas, ainda que soe a tópico, pero estas mais que nunca. Estamos gobernados por unha xente sen escrupulos que o ùnico que pensan é como facerse ricos, estamos gobernados por unha
casta que o unico que pensan e como  controlar o poder  para seguir finxindo que son boa xente e non deixan de ser unha xente que é capaz  de chegar a límites insospeitados por acceder o poder, ameazar, asoballar e incluso cousas moitos piores.
Moita xente pensa ainda hoxendia que lle controlan o voto, moita xente pensa que teñen unha espece de “controlador” detrás delas que saben o que votan. Temos que romper a barreira de ignorancia e loitar todos xuntos contra estas “negreros” do seculo XXI, provocadores desta crise que fai que teñan amarrados polos  “huevos” e polos “ovarios” a moitos homes e mulleres decindolles se non votas por nos non vas ter traballo, e esta xente coa que está a caer non pensa mais que en iso en poder traballar tres ou catro meses o ano e logo ir a oficina de emprego a anotarse,  exclavitude total. Temos que cambiar de conciencia temos que ser ceibes, temos  que loitar contra estes monstruos que se disfrazan de democratas e son uns fascistas convencidos dende o primeiro ate o último, temos que ir a votar mañan sobre todo os desencantados dos fachas, por que se non vas,  vanvos chamar por telefono para que vaiades a votar e tes que oir aquela frase estremecedora que che vai dicir “Se non ves a votar olvitade de ter un traballo” e non se refieren só a ti senón que tamen chamante o teu pai, a tua nai, oa tua moza, a quen sexa con tal de recadar votos.
As fotos que vedes nesta reportaxe son todas de xente do partido da “jaivota “ levando a vellos a votar”, o pior non é iso, o pior é en Cambados que sacan os vellos lisiados da cama en angarela e levanos a votar en contra da súa vontade o colexio de Santo Tome, isto si que é ser ruin e fillo de mala nai. Co simple que é coller un sobre do PPartido que todos sabedes e meter dentro a papeleta que realmente queres votar , en liberdade, sen medo, o final eles o que controlan algo e o sobre. Mañan sobre as dez e media da noite sabremolo resultado,  moitos achegados o partido a que representa a ave carroñera dixeronme estes dias lles gustariame ver a miña cara se perderamos, que está dentro do posibel, a min nembargantes traeme sen coidado se gaña a oposición porque eu non dependo nin do botarate do inquilino de montero Rios, nin do comisionaista de Oubiña nin do maleable do ex-empregado da lonxa ,  dependo do meu traballo  que a quen llo teño que agradeder a unha muller que fica fora de toqa dúbida  e que foi a miña nai , o demais con contos chinos. Agora ainda que perda voulle lle seguir sacando as cores a estes impresentables. Si tiveramos dous dedos de fronte votariamos a calqueira menos os carroñeros.

Ningún comentario: