19 de out. de 2012

ADEUS PAI

Estes días poideches comprobar que a actividade no blog foi nula. A razón non foi outra que “o meu vello” foise sen facer ruido, como foi en si a súa vida. Joaquin Charlin Fontán contaba con 94 anos ainda que ate o de agora se atopaba ben de saude, o mercores a tarde puxoxose mal e paseniño,
como querendo marchar, botou o seu derradeiro suspiro rodeado dos seus fillos e marchouse para a xunto sua dona, a miña nai, Chonita quen finou no ano 2004, e coñecendo como a coñecia estou seguro que a miña vella nada mais poñer o feretro do seu home enriba dela no panteón espetoulle “Pero ti como tardaches tanto?”. 
Dende aquí, no meu nome e no da familia Charlin González quero agradecer oas mostras de apoio de moitisima xente de Cambados, que me fixeron chegar dun ou doutro xeito as súas condelencias, o seu cariño e a súa amizade e moitos que de seguro nin se enteraron. Moitisima xente pasou polo tanatorio. Din que os amigos vense nos malos momentos e xurovos que estes dias acompañaronme moitos. O tesouro mais grande que me deixou meu pai aparte do cariño, foi unha vida contada a cachos e en notas dende o seu nacemento alo polo 1917 ate os nosos días, as súas andanzas no mar os dez anos,  na guerra civil, no tempo da fame, na postguerra etc.  que algún dia espero publicar neste blog porque me parece interesante. Quero agradecer especialmente a Familia Prado Pouso, a Familia Pérez Santos, a Parroquia de Cambados, a Cofradia de Pescadores San Antonio , Club Juventud Cambados, os Xulgados de Cambados, o BNG e familia Charlin Rey,  as frores que adornaron a cadaleito do meu pai. Vou descansar un pouco, pero mañan voltaremos con novos briós e moitas cousas interesantes. Grazas e un abrazo a todos.

1 comentario:

Unknown dixo...

Chon unha forte aperta.Ainda lembro o humor e retranca do teu pai. Un saudo a toda túa familia. Roque Durán