O BNG abarrotou o domingo pasado o Salón de Peña en Cambados nun acto electoral no que o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, compartiu tribuna con Carlos Aymerich e Montse Prado, e animou a os presentes a “votar en masa ao BNG porque é o único xeito de que o PP non gañe”.
A intervención de Aymerich conseguiu esbozar máis dun sorriso nos presentes, coa súa visión irónica da situación e os seus plantexamentos concretos frente ás políticas do Partido Popular. Así, o candidato por Pontevedra referiuse ás recentes declaracións feitas por Castelao Bragaña nas que aseguraba que as leis e as mulleres están para violalas. “O único que fixo foi poñerlle voz ao que pensan os do PP”; e comparou este partido con un maltratador. “Si lle persoas a primeira vez, a segunda xa non a contas”.
E no mesmo tono sarcástico fíxose varias preguntas referidas, por exemplo, aos motivos que levaron á subida do recibo da luz. “Realmente ten que ser así, ou ten que ver con que o PP é afín aos grandes grupos eléctricos”. Frente a esta postura, Aymerich aposta por un maior autogoberno que permita a Galicia unha tarifa propia.
Referiuse tamén á política pesqueira defendida polo PP no Parlamento Europeo e á eliminación da etiquetaxe do lugar de orixe dos produtos. Preguntouse si esa medida favorecería a algunha empresa concreta e referiuse a “unha de Boiro que amenazou con irse si o BNG seguía gobernando naquel municipio”.
Pola súa parte Guillerme Vázquez animou a votar ao BNG porque “é a única maneira de evitar outro Goberno de Feijoo coas mesmas ou piores políticas. Mirade a súa traxectoria, mirade as súas desfeitas na sanidade, na educación, no emprego, e concluide. Non hai moito que concluir porque non ten balanzo que ofrecer máis que o dos recortes e o das mentiras”.
Vázquez pediu que “ninguén se quede na casa, que todos os galegos acudades en masa a votar o 21-O porque do contrario, Feijoo gaña.
Engadiu que “non merece outra oportunidade porque xa demostrou que non lle interesa o país, que ten a mirada posta fóra do territorio galego, que engana e minte e que é o campión das promesas incumpridas”.
O portavoz nacional do BNG alertou sobre a falla de credibilidade de Feijoo, sobre “as súas constantes mintiras e as súas promesas electorais que son papel mollado”.
Montse Prado estivo tamén moi ben, arricando os aplausos dos presentes,.
A presentación correu a cargo de Victor Caamaño. Unha magoa que só se fixera eco da nova Diario de Arousa, non así a Voz e o Faro, pero son dias de moito traballo e me imaxino que non se pode estar en todos lados, de todos xeitos tedes todas as fotos do evento premendo AQUI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario