16 de out. de 2012

ARAGUNDE É UN INCOMPETENTE, INUTIL E MENTIREIRO , SEGUNDO O BNG, NO CASO DE ALFAGEME

Co titulo “Alfageme non é prioridade para o PP” o BNG de Cambados ven de publicar unha nota de prensa no seu blog no que acusa a Aragunde de incompetente, inutil e mentireiro no caso Alfageme así como a Feijoo e Rajoy 
Segundo a nota en cuestión o BNG considera lamentable as  declaracións  realizadas polo alcalde de Cambados (hoxe no Faro de Vigo) con respecto ao conflito de Alfageme e á petición de pleno extraordinario realizada polo noso grupo político. Aínda que somos conscientes de que non se pode agardar máis de quen minte coa mesma facilidade que abre a boca, como o fai Núñez Feijoo, cando promete rematar co paro en 45 días, ou Mariano Rajoy, cando afirmaba que non subiría o IVE; así nos vai con este grupo de inútiles  gobernantes  do PP. Son uns verdadeiros incompetentes que non dan asumido que a responsabilidade de xestionar e gobernar é deles, e que se pasan as lexislatura botándolle sempre a culpa aos que estiveron antes ca eles, mentres converten Galiza nunha oficina do paro.
O BNG de Cambados insiste que  claro que ten que ser agora cando se solicite  o pleno extraordinario para buscar unha  solución urxente ao conflito de Alfageme, pois se antes do día 18 de outubro a Xunta de Galiza non toma a decisión de resolver o proceso concursal, poderían quedar sen traballo 150  traballadoras; o que semella que ao PP  non lles preocupa. O gran problema para o PP é que se pida un pleno extraordinario en campaña electoral. Pois cando se vai pedir?, cando estean as traballadoras na rúa sen traballo. O pleno extraordinario é unha vía de urxencia para esixirlle á Xunta de Galiza que esperte, que se cumpre o prazo e nas súas mans está dar  solución a esta problemática.
O BNG ten moi claro que as traballadoras de Alfageme son as verdadeiras defensoras e protagonistas desta dura loita de tres anos polos seus postos de traballo. Tres anos que Aragunde cualifica de xestión moi áxil, neste asunto, por parte do PP. Non cremos que as traballadoras compartan a mesma opinión sobre esa axilidade; o BNG tampouco a comparte. E tamén sabemos que as traballadoras de Alfageme teñen claro quen estivo ao seu lado nesta dura loita e non foi, precisamente, o PP.
Remata decindo un BNG responsabel  que non se pode agardar máis dun alcalde que a súa gran preocupación, nesta dura crise económica pola que pasamos, sexa a de conseguir cartos para facerlle unha estatua a Manuel Fraga. Alfageme non é unha prioridade para o PP.
As traballadores negan, como non poia ser doutro xeito, que esto sexa un acto político como afirman os impresentables do PP e do noso alcalde, xa que antes do xoves 18 teñen que darlle unha resposta. Entre as traballadores de Alfageme, como calqueira estamento da sociedade,  hai de todas opcións politicas incluído tamén o propio PP que neste caso dalle as costas as súas propias votantes.  Non merecemos uns gobernantes como estes.
O BNG de Cambados e da comarca sempre apoiaron as traballadores de Alfageme e en Cambados xa se presentou unha moción o respecto presentada por este grupo na que se o Alcalde Aragunde pasouno moi mal, xa que tivo  quedarlle as costas as súas veciñas que traballan en Alfageme para quedarse co poder co conselleiro Guerra e Feijoo. 
No seguinte audio podes escoitar as traballadoras de Alfageme explicando seu peche: 

Ningún comentario: