15 de out. de 2012

UN DIARIO AROUSÁN FAISE ECO DA FAME NAS RUAS CAMBADESAS

Un amigo do noso facebook, non parou ate que viu reflexada nun diario de tirada comarcal as fotos que expoñia no seu facebook, da fame que se pode ver no noso pobo grazas as politicas dos gobernantes do Partido Popular. Na derradeira
foto segundo contaba o porpio denunciante no seu facebook habia ate tres nenos fozando tamén na basura.  
(PREME NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA)
Este blog, grazas as fotos do noso amigo de facebook xa o publicara en duas ocasións, chamaronos trampons, que non queriamos o noso pobo, que non era verdade etc. Onte ate nun mitin de certo partido politico denunciaban tamén a fame en Vilagarcia de Arousa  con escenas similares as que pasan en Cambados. E dicir que si a xente non se moviliza contra estes feitos contra que se vai mobilizar, dicir que a xente non se quere revelar contra estes escenas que se ven nas nosas ruas todos os días, é duro. Revelarse e ir a votar e sacar co noso voto do goberno o Partido Popular, causante de escenas coma esta. Vota en liberdade para sacar do goberno o PP.

Ningún comentario: